CEIP MANUEL BERMÚDEZ
Elena Ferro amosa en Trives o oficio dos zocos
CEIP MANUEL BERMÚDEZ
O CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso, na Pobra de Trives, volveu converterse estes días nun escaparate dos oficios tradicionais galegos grazas ao programa Artesanía na Escola, impulsado pola Fundación Artesanía de Galicia.
Nesta ocasión, os alumnos do centro de ensino puideron coñecer de preto o oficio da elaboración de zocos coa visita da artesá Elena Ferro, protagonista da unidade didáctica “Eu son zoqueira”.
Durante a actividade, Elena Ferro explicou a importancia que tiveron os zocos ao longo da historia, especialmente no rural galego, e realizou unha demostración en vivo do proceso de elaboración deste calzado tradicional. A artesá continúa o labor do obradoiro familiar Eferro, en Vila de Cruces, con máis de cen anos de historia e recoñecido co Premio Nacional de Artesanía no ano 2019. O taller destaca por adaptar os zocos tradicionais a deseños máis actuais mediante novas cores, formas e texturas, adaptándoos á moda actual.
A visita de Elena Ferro ao CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso completou as actividades realizadas a semana pasada no centro, cando o artesán Xosé Manuel Sanín achegou aos escolares o oficio vinculado á percusión tradicional galega.
O programa Artesanía na Escola busca divulgar entre os máis novos os oficios artesanais galegos e transmitir valores ligados ao consumo responsable, á produción local e á conservación do patrimonio cultural.
Esta iniciativa da Xunta conta xa con tres unidades didácticas para levar aos centros de ensino, entre elas unha dedicada aos sanandresiños, figuras de pan de Santo André de Teixido, impartida e protagonizada por Jorge Bellón.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CEIP MANUEL BERMÚDEZ
Elena Ferro amosa en Trives o oficio dos zocos
92 PARTICIPANTES
A Pobra de Trives fai do xadrez festa para todas as idades
Lo último
MÍNIMO HISTÓRICO
Ourense registra su peor arranque de año en natalidad
ESTACIÓN Y DEPÓSITO
A Veiga busca mejorar el abastecimiento de agua
DESDE ESTE VIERNES EN SAN CIBRAO
El Ouren Sound Fest apunta a su edición más potente