EsquiOU reafirma o seu éxito nesta nova edición

Supera as 1.000 prazas cun programa flexible para os días sen neve

Luis Menor cos rapaces de EsquiOU no pavillón da Estación de Montaña.
Luis Menor cos rapaces de EsquiOU no pavillón da Estación de Montaña.

O programa EsquiOU, impulsado pola Deputación de Ourense, pecha esta edición cun balance positivo tras superar por primeira vez a barreira das 1.000 prazas. A iniciativa permitiu que rapaces de toda a provincia desfrutaran dun completo programa de actividades na Estación de Montaña de Manzaneda, adaptándose á ausencia de neve con propostas alternativas.

O presidente da Deputación, Luis Menor, visitou aos 105 nenos que participan na quinta quenda do programa, pertencentes ás zonas de Allariz, Xinzo, Baltar e Maceda. Menor puxo en valor a “flexibilidade” do EsquiOU, este ano cunha inversión histórica de 102.000 euros, un 45 % máis que en edicións anteriores.

A falta de neve non impediu que os participantes desfrutaran dunha experiencia enriquecedora. Ademais do curso teórico de esquí, puideron gozar de actividades como tenis, pickleball, tiro con arco, piscina climatizada ou rocódromo, entroutras, garantindo alternativas de ocio variadas. Nesta edición incorporáronse dúas quendas máis respecto a anos anteriores, permitindo que 210 rapaces adicionais desfrutaran desta oportunidade.

Luis Menor destacou tamén a aposta pola inclusión, con prazas reservadas para menores con discapacidade, garantindo que o acceso ao deporte e ao ocio non teña barreiras.

Contenido patrocinado

stats