Mari Luz Hugueros, vixilante de seguridade en Madrid: “Cruzo os túneles de León e parece que se me enchen os pulmóns pensando que xa estou chegando"
OURENSANOS FUERA DE LA PROVINCIA
En canto pode, e non so na época estival, ela colle a súa neta Leire e non faltan na que é súa casa, A Pobra de Trives.
A conta atrás para poder voltar a pisar Trives iníciase na vida de Mari Luz con cada regreso a Madrid. En canto pode, e non so na época estival, ela colle a súa neta Leire e non faltan na que é súa casa, A Pobra de Trives. Por motivos laborais tivo que saír de aquí, pero ten moi claro que voltará para pasar a súa xubilación onde ten as súas raíces.
Pregunta. Por que elixe Trives para voltar cada verán?
Respuesta. Eu teño que vir a Galicia sempre que podo, e así ten que ser. Estas son as miñas raíces. Trives está cheo de encanto, ten moita cultura e faime sentir viva.
P. Que significa para vostede cada verán?
R. Vivir a miña infancia, vivir desde o meu corazón, ver a miña familia, a miña nai, e ata ir ao cementerio a visitar a meu pai. Hai 18 anos que me fun e xa son moitos anos xa.
P. A súa idea é retornar?
R. Desde sempre, xa marchei con esa idea, de volver sempre que poida, e ademais teño claro que as miñas cinsas van quedar aquí, iso téñoo moi claro.
P. Mantén os amigos da infancia?
R. O retornar con eles e velosé unha morriña que existe no corazón. Eu cando chego a Ponferrada e cruzo os túneles cara Trives xa respiso doutra maneira, sinto unha emoción que non cha sei explicar. Volvo á miña “niñez”, que foi moi bonita. Vivimos libres nas rúas xogando, e eramos moi felices.
P. Transmítelle eso a súa neta?
R. Claro, eu vexo que aquí xoga libre na rúa cos demais nenos, eu estou tomando algo, todos somos amigos, e a pequena tamén sinte esa acollida e fai amigos en Trives.
P. Que destacaría de Trives?
R. É todo bonito, a súa cultura, a calidade de vida. Aquí a día de hoxe cun traballo vívese moi ben, é un pobo moi acolledor, os veciños son moi abertos coa xente de fóra. Estamos en plena natureza, que nos recarga os pulmóns, penso que é unha marabilla. Vexo que o concello está todo recollidiño e bastante ben.
P. E o peor…
R. Pois a escaseza da poboació que hai. Falta xente nova e axudas grandes para que se poida emprender aquí, e entón isto sería moitísimo mellor que vivir nunha cidade. Eu tiven que marchar e se aquí houbera máis posibilidades pois igual non marchaba. Aquí o que marcha é complicado que ao rematar os estudios volva.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último