ENTORNO RURAL
Manzaneda abre las puertas de una nueva granja escuela
Música e baile tradicional
Este mércores, o IES Xermán Ancochea Quevedo de Trives contou cunha visita moi especial: o músico Martín Mondragón, coñecido artisticamente como Mondra. O artista compartiu co alumnado o seu proxecto “Mondra na escola”, unha iniciativa didáctica que busca promover e revitalizar a música e o baile tradicional galego entre as xeracións máis novas.
Ao longo da mañá, desenvolvéronse dúas sesións diferenciadas. A primeira estivo dirixida ao alumnado de 2º e 3º da ESO, mentres que na segunda participaron estudantes de 4º da ESO e 2º de Bacharelato, así como un grupo de alumnas e alumnos do CEIP Manuel Bermúdez Couso da vila.
O obradoiro xirou arredor da palabra “foliada”. Mondra comezou preguntando ao alumnado que significaba para eles este termo e, a partir das súas respostas, fixo un percorrido histórico para explicar a súa orixe, a súa razón de ser e a súa evolución ao longo do tempo. A actividade completouse cunha parte práctica do baile tradicional, seguindo os ritmos e pasos que o artista lles ensinaba.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENTORNO RURAL
Manzaneda abre las puertas de una nueva granja escuela
XORNADAS DE FOLCLORE
Seis países toman el oriente provincial al ritmo del folclore en Trives y Viana
Lo último
Evelio Traba
LEER ES UN PLACER
Un gran chiste de sobremesa
TRADICIÓN Y CIENCIA
La alimentación, clave para los centenarios
PRODUCTOS GALLEGOS
La bica de Viana do Bolo cruza fronteras y llega hasta Italia