ENTORNO RURAL
Manzaneda abre las puertas de una nueva granja escuela
O gusto pola lectura e a escritura venlle desde moi nova a Nuria Rodríguez Pérez, esta xove trivesa que acaba de publicar o seu primeiro libro, Noria de Espinas. Esta novela viu a luz no mes de novembro en Amazon escrita e maquetada íntegramente por ela, e no mes pasado acaba de publicala tamén en lingua inglesa. Pero Nuria ten máis libros xa no tinteiro. Este libro chegou a ser best-seller en Amazon en tres categorías no primeiro mes do lanzamento: ciencia ficción cyberpunk, distopía y psicología junguiana.
Este venres a escritora presenta a sua obra na Casa da Cultura trivesa ás 17,00 horas.
Pregunta. Qué a levou a escribir un libro?
Respuesta. Escribir é algo que desde pequeniña me gustaba moito. Tiñamos unha saída ao tellado na casa, e baixaba polo tellado da habitación sentándome alí a escribir poesía ou cienciaficción. Certo que tiña o síndrome do impostor, sumado a que son moi perfeccionista pois non me atrevía dar o paso ata que me animou meu mozo. Como que as miñas palabras conseguían o efecto desexado.
P. Nuria, por qué o pseudónimo Wonders?
R. Pois é sinxelo, esa palabra significa “Maravillas” en inglés, e así chaman á miña familia en Trives, así que penso que é o mellor xeito de ter presente á familia, aos avós.
P. Noria de Espinas é o seu primeiro libro?
R. Sí, pero agora xa sei que vou a escribir máis. Neste miña nai enterouse dun curso de esritura online con Francisco Navarro Lara, asistín e para min esto é especial xa que é unha autopublicación, non tiven que recurrir a ningunha editorial, fixen eu todo o traballo de escribir, editar e maquetar e logo a publicación foi en novembro en Amazon.
P. Cómo foi a creación?
R. Escribilo non foi o máis largo, en dous meses xa o tiña escrito, pero logo a maquetación foi máis complexa xa que leva códigos qr para facelo máis emotivo, con cancións ou lugares determinados. En total tardei como uns 9 meses en telo rematado.
P. Que busca transmitir nesta novela?
R. Vivimos nunha noria de emocións na que esquecemos que o máis importante é a resilinecia. Eu intento plasmalo en 7 capítulos, reflexados en 7 plantas con espiñas: as raíces reflexan a infancia, os toxos para a dolexcencia, a universidade está reflexada cunha planta carnívora , seguido do estramonio no cuarto capítulo. No quinto unha enredadeira lévame a falar da ansiedade, a rosa roja reflexa o amor e remato o último co captus do deserto, a auténtica resiliencia ante a vida
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENTORNO RURAL
Manzaneda abre las puertas de una nueva granja escuela
XORNADAS DE FOLCLORE
Seis países toman el oriente provincial al ritmo del folclore en Trives y Viana
Lo último
EXIGENCIAS DE CALIDAD
Nuevos requisitos para las titulaciones universitarias: más exigencia y presencialidad