CULTURA EN TRIVES
Naturaleza y memoria se citan en el IES trivés
PINTURA
O Concello da Pobra de Trives deu a benvida á primavera coa exposición “Trives no Tempo”, unha mostra artística inédita na que participan 18 pintores e artesáns vencellados ao municipio. O antigo colexio de Santa Leonor acolle a exhibición, onde o público pode descubrir a calidade artística das súas xentes a través de 70 pezas entre pinturas, sobre todo, pero tamén algo de escultura.
A mostra inclúe creacións de Julio Vázquez, que da nome ao auditorio municipal, pero tamén de artistas vivos como Pili Portal, Conchi Baloira, Aurora López, Xosé A. Fernández, Aurora Espina, Olga Caneiro, Marcelo Martínez, Xoan C. Domínguez, Ubaldo García, César A. Garrido, M. Carmen Chio, Lulú, Olimpia Arias, Vita Baliabas, Teté Garrido, Eva Quintela e Jana. Cada obra conta cun estilo e técnica única, o que converte a exposición nun crisol de miradas sobre Trives.
A inauguración foi o pasado sábado e xa se pode visitar ata o vindeiro 25 de maio. O goberno local anima á poboación a achegarse a ver a exposición.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CULTURA EN TRIVES
Naturaleza y memoria se citan en el IES trivés
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Trives lleva un año sin plenos?
"GALEGO PARA ABRIRMUNDOS"
Avelino González acerca o galego ás aulas de Trives
"MARZO CULTURAL"
A tradición ponse a bailar en Trives
Lo último