ESPAZOS VIVOS DE MEMORIA
Os vellos oficios van á escola en A Pobra de Trives
ESPAZOS VIVOS DE MEMORIA
Hai días nos que o colexio soa diferente. Soa a curiosidade, a preguntas lanzadas ao aire, a mans pequenas tocando materiais antigos e a historias que veñen de lonxe, ou non de tan lonxe. No CEIP plurilingüe Manuel Bermúdez Couso da Pobra de Trives, o alumnado está a vivir unha experiencia que vai máis alá dos libros: unha viaxe ao pasado máis próximo, ese que fala do valor dos oficios ambulantes que marcaron durante décadas a vida das aldeas ourensás.
Cos ollos ben abertos e a ilusión a flor de pel, os nenos achéganse a un tempo no que as costureiras, os cesteiros, os carboeiros ou os afiadores eran parte esencial do día a día. A través dun proxecto educativo cheo de emoción e descubrimento, investigan quen eran estas persoas, como traballaban e que papel xogaban na comunidade, convertendo as aulas en espazos vivos de memoria e aprendizaxe compartida.
Os nenos aprenden técnicas antigas e manipulan materiais de cesteiros, afiadores ou carboeiros
O primeiro ciclo mergúllase no oficio dos cesteiros, descubrindo a maxia de transformar materiais sinxelos en pezas útiles coas propias mans. A visita de Ángel Fernández e da súa filla Merche, artesáns do Barco de Valdeorras, foi unha auténtica lección de sabedoría e paciencia, na que os máis pequenos puideron tocar, probar e crear, coa colaboración de Ana, unha nai do centro, facendo da experiencia algo aínda máis especial. Ver como os dedos miudos se movían con destreza ata facer o seu pequeno cestiño para levar a casa.
No segundo ciclo, a figura do afiador esperta sorpresa e admiración. O alumnado afonda na súa historia, na súa tradición e no barallete, a lingua secreta que utilizaban para comunicarse. Grazas á charla de Laura Fentanes, especialista no tema, os rapaces descubriron palabras e expresións que soaban a misterio e identidade, abrindo unha xanela a un mundo case esquecido, xusto nesta terra, onde mesmo algúns veciños traballaron de afiadores e usaron o barallete. A propia Laura explicaba que estaba máis acostumada a falar para os adultos sobre o barallete, pero “a pesares de estar acostumada a outro público, chamoume a atención do implicados e atentos que estaban, noteille moita predisposición”. Unha canción de Luar na Lubre, Os Tafenos da Gaurra, totalmente en barallete serviulle a Fentanes no seu obradoiro. Veciños, ou coñecidos dos avós aínda viviron épocas de andar coa roda, “houbo varios rapaces que me decían ter visto as rodas de afiar e oír historias dos afiadores, nótase que tiñan este mundo moi próximo”, manifestaba a xove experta en barallete.
Os máis pequenos do colexio coñecen o oficio das costureiras entre fíos, contos e agullas, en obradoiros cheos de tenrura e coa implicación das familias, a través de “Manuela, a nosa costureiriña”, personaxe creada para achegar aos máis pequenos a este oficio. Mentres que o terceiro ciclo se achegará ao traballo dos carboeiros, persoas que vivían no monte, ao carón dos fornos de leña, nun oficio marcado polo esforzo e a resistencia.
Este proxecto, concibido para desenvolverse ao longo de dous cursos, busca primeiro achegar estes oficios ao alumnado e recoller información, para no vindeiro curso transformar todo o aprendido nun documental.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ESPAZOS VIVOS DE MEMORIA
Os vellos oficios van á escola en A Pobra de Trives
CELEBRACIÓN LOCAL
Vilanova, maxia acesa na Festa do Chourizo
COCINA TRADICIONAL
El chef japonés Matsumoto busca en Trives el alma de la cocina gallega
Lo último
DÍA CONTRA EL CÁNCER
Jesús García Mata, jefe de Oncología del CHUO: "El cáncer cada vez es menos tabú"
RIESGOS DE CIBERSEGURIDAD
Moltbook: la red social donde las IA interactúan entre ellas sin humanos