FIESTAS DE NAVIDAD
El Concello de Trives lanza la programación de estas Navidades
VIOLENCIA DE GÉNERO
O IES Xermán Ancochea Quevedo da Pobra de Trives acolleu este luns a presentación do libro “Vivas para contarlo”, unha publicación promovida pola Comisión de seguimento das vítimas de violencia de xénero da Subdelegación do Goberno en Ourense, que se encarga da súa edición. O libro recolle 13 microrrelatos de mulleres que sufriron violencia de xénero e violencia sexual, así como 10 testemuños de profesionais que traballan directamente con elas.
No acto estiveron presentes o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, e a xefa da Unidade de Violencia sobre a Muller, Alida Iglesias. A sesión comezou cunha intervención da Garda Civil, dentro do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos. Este plan busca previr condutas delitivas como a violencia de xénero, o acoso escolar ou o consumo de drogas, mediante charlas impartidas por axentes da Garda Civil e da Policía Nacional en centros educativos da provincia.
Durante a presentación, o subdelegado do Goberno destacou a importancia da educación para previr a violencia de xénero, sinalando que ademais das oficinas de atención ás vítimas dispoñibles, "o máis importante é a educación e a formación para evitar que no futuro haxa violencia contra as mulleres", lembrando que "as relacións de parella deben basearse no respecto e no cariño, e ningunha muller debe aceptar comportamentos violentos".
No marco do acto, alumnos do instituto procederán á lectura de varios relatos do libro. A continuación, desenvolveuse un coloquio e entregáronse varios exemplares do libro ao centro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FIESTAS DE NAVIDAD
El Concello de Trives lanza la programación de estas Navidades
XX EDICIÓN DE MÚSICA Y TRADICIÓN
Trives celebra sus Cantos de Taberna más multitudinarios
ENCONTRÓ UN HOGAR
Meghan, una bostoniana con morriña de… Trives
Lo último