PARROQUIA DE SISTÍN
Un herido al salirse de la vía en la OU-536 a su paso por A Teixeira
MEDIO MILLAR DE ASISTENTES
A Teixeira celebrou este sábado por todo o alto a súa gran celebración anual dende hai xa 24 anos, a Festa do Viño Novo, unha cita xa consolidada no calendario enolóxico da comarca caldelá, que volveu encher a nave da Gándara cun aforo completo de 530 persoas.
As entradas esgotáranse dúas semanas antes, algo habitual nun evento que sempre supera o censo municipal: segundo o Instituto Galego de Estatística (IGE), o concello ten 328 habitantes, unha cifra moi inferior á dos asistentes que se achegan para degustar os primeiros viños da tempada das sete adegas locais, moitas das cales integran a D.O. Ribeira Sacra.
A celebración ocupou nove mesas, nun ambiente festivo no que non faltou a música nin as curiosidades: nunha das mesas estiveron os trinta convidados da voda de Bea e Jorge, naturais de Lumeares, sentados xunto coa charanga Terras do Bibei, que amenizou a xornada.
O Concello liderado por Xosé Vázquez organizou este evento enogastronómico en colaboración cos adegueiros locais, cuxos viños novos foron os grandes protagonistas. Tampouco perdeu a cita o deputado provincial de Representación Institucional, Rosendo Fernández. quen compartiu cos veciños e visitantes unha festa que medra cada ano.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PARROQUIA DE SISTÍN
Un herido al salirse de la vía en la OU-536 a su paso por A Teixeira
FENDAS PERIGROSAS
O risco de deterioro pecha a ponte medieval de Lumeares
Lo último
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy lunes, 2 de noviembre