undefined
undefined

Galería | As rúas de Ourense foron unha festa no Luns de Entroido

Publicado: 12 feb 2024 - 22:22

As rúas da cidade de Ourense volveron ser unha festa durante o Luns de Entroido. Houbo animación nas rúas desde o mediodía e ata as tres de madrugada, na que máis dunha decena de charangas amenizaron a troula na rúa. Grupos de amigos, familias enteiras, xente de incógnito. As rúas da urbe viviron sen dúbida o seu día máis multitudinario do Entroido, favorecidas polo tempo, que respectou a festa e permitiu ter unha noite moi apracible sen frío.

Pola tarde, decenas de nenos ateigaron a Praza Maior na festa infantil de María Fumaça, que incluía un taller de maquillaxe. Os nenos pasárono en grande cos cabezudos. Xa máis tarde, un concerto de “Los coleguitas” empezou a congregar a un público de maior idade, ao igual que o “Trío Somoza”, que actuou despois. Este ano apostouse por potenciar o “tardeo”, e sen dúbida os ourensáns responderon.

As rúas estiveron cheas durante todo a tarde e especialmente pola noite. Os djs en Santa Eufemia e o Correxedor soaron ata as tres da madrugada, ao igual que na Praza Maior. E para os máis verbeneiros, actuou ao Olympus ao mesmo tempo na rúa do Progreso.

A festa non para aí, porque este Martes de Entroido volverá haber charangas durante toda a xornada polas rúas do Casco Vello e unha orquestra, a Funçao Publika, xa pola tarde. De novo será un día de “tardeo” para os que aínda teñan folgos logo de catro trepidantes xornadas. Haberá, ademais, reparto de orellas de Entroido, calcúlase que se darán 14.000, ás persoas que entroideen polas rúas da zona histórica.

Fotos: Miguel Ángel.

2024021221490781463
1/14 2024021221490781463
2024021221492645547
2/14 2024021221492645547
2024021221494628319
3/14 2024021221494628319
2024021221500512477
4/14 2024021221500512477
2024021221502121145
5/14 2024021221502121145
2024021221503781730
6/14 2024021221503781730
2024021221505941174
7/14 2024021221505941174
2024021221511355005
8/14 2024021221511355005
2024021221513511671
9/14 2024021221513511671
2024021221515257524
10/14 2024021221515257524
2024021222181238883
11/14 2024021222181238883
2024021222182596096
12/14 2024021222182596096
2024021222184078883
13/14 2024021222184078883
2024021222185727802
14/14 2024021222185727802

Contenido patrocinado

También te puede interesar

Lo último

stats