Xornal Escolar
Galería | Ecovigilantes plantan cara a las colillas
Alumnos de Educación Primaria de Ourense e Verín reuníronse na Praza Maior para participar na Xornada Musical, unha actividade organizada polo Seminario de formación do profesorado sobre recursos musicais, coordinados polo Centro de Formación e Recursos de Ourense.
Foron dúas horas de xogos, ritmos, batukada e danza na que uns 200 nenos e nenas de entre 8 e 11 anos comezaron a xornada cunha coreografía común con percusión corporal. Despois, organizados por parellas, relacionáronse con alumnado doutros coles e participaron en propostas moi diferentes poñendo a proba as súas habilidades musicais, de coordinación e escoita activa.
Ó remate recibiron un pequeno obsequio para continuar lembrando a importancia da educación musical máis alá das aulas. O estudantado da materia "Expresión e linguaxe musical" do Grao en Educación Primaria da UVigo tamén quixo colaborar coa iniciativa, a proposta da súa profesora Lucía Casal de la Fuente, e guiarán unha das actividades de xogos e danzas populares.
Participaron alumos dos colexios Mariñamansa, Vistahermosa, Irmáns Villar, A Ponte, Manuel Sueiro, Amaro Refojo e Princesa de España (Verín).
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
COPA DIPUTACIÓN
El Celanova sigue adelante ante el Sporting Carballiño (2-0)
ÉLITE MUNDIAL SUB-23
Álex García, octavo en Val di Sole
La Región
LA PUNTILLA
Pelotazo
DESFILE DE CARROZAS
Leiro brinda a la sombra de los acios con la Festa da Vendimia