Allariz ofrece "dez oportunidades" para coñecelo
A iniciativa comezará este mes de marzo e prolongarase ata o vindeiro día 16 de decembro
Neste mes de marzo regresan a Allariz os roteiros temáticos que permiten descubrir a vila a través da súa historia. Serán sete temáticas repartidas en dez datas: A primeira o sábado, 18 de marzo, e a última o vindeiro 16 de decembro.
A Concellería de Promoción económica da man de Xeitura impulsa esta nova etapa de roteiros que levarán por título “Dez oportunidades para coñecer Allariz”. María López, concelleira de Turismo e Manuel Gallego e Noemí Álvarez, ambos técnicos de Xeitura, presentaron as datas e os nomes de cada unha das actividades este mércores na vila alaricana. A primeira data terá como título “As mulleres de Nós percorren Allariz” e arrancará ás 17,00 horas da tarde. O 15 de abril, á mesma hora, será a quenda de “A lingua das bolboretas. Tempos de guerra”. “Lendas e segredos de Allariz” contará con dúas datas: O 20 de maio e o 14 de outubro, ambas ás 17,00 horas.
Por outro lado, haberá dúas oportunidades para disfrutar do roteiro sobre “Os xudeos en Allariz”: Unha o 17 de xuño, ás 20,00 horas; e outra o 16 de decembro, ás 17,00 horas.
Unha das temáticas será teatralizada. Tratarase de “Quen levou as pedras do castelo?” e poderase asistir tanto o 15 de xullo, ás 20,00 horas, como o 19 de agosto, á mesma hora.
As dúas últimas temáticas serán “O castelo invisible” -16 de setembro, ás 20,00 horas- e “Imos de museos” -18 de novembro, ás 17,00 horas-.
Os roteiros serán gratuitos ata completar aforo e, para participar, será necesario inscribirse en informacion@allariz.gal. “Estes roteiros pensáronse para aquelas persoas que, sendo coñecedoras ou non de Allariz, queren descubrir fermosos recunchos, interesantes curiosidades e anécdotas, dende o punto de vista dunha temática en particular”, explicou María López, durante a presentación feita en Allariz.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
CADA 20 DE JUNIO
Día Mundial del Refugiado: la dura realidad de los niños refugiados
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
“Señor das moscas”, de William Golding
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA