Allariz fomenta o seu produto local cunha feira de apicultura
EVENTO APÍCOLA
A VI Feira dos Produtos Apícolas o 14 de setembro desde ás 10,00 horas ata ás 20,00 horas, ofrecendo aos asistentes unha rica variedade de produtos e actividades relacionadas coa apicultura.
O próximo 14 de setembro, a Praza do Matadoiro en Allariz será o escenario da VI Feira dos Produtos Apícolas. Organizada conxuntamente pola Asociación Galega de Apicultura (AGA) e o Concello de Allariz, a feira desenvolverase desde ás 10,00 horas ata ás 20,00 horas, ofrecendo aos asistentes unha rica variedade de produtos e actividades relacionadas coa apicultura.
A feira contará cunha ducia de postos, onde apicultores locais e outros expositores presentarán un amplo escaparate da riqueza e diversidade dos produtos apícolas. Os visitantes poderán descubrir unha gran variedade de meles, ademais doutros produtos derivados da colmea como pole, própole e cosmética apícola. Tamén haberá produtos innovadores como infusións e cervexas elaboradas con mel.
Ás 11,30 horas, haberá un obradoiro de reciclaxe “Facemos unha colmea” con As Curuxas. De 12,30 horas ata ás 13,00 horas, terá lugar unha degustación de produtos no Mercado da Reserva, onde os asistentes poderán gozar de maridaxes con mel da man de Moixo-Cociña.
Xa pola tarde, ás 18,00 horas, será o turno do espectáculo infantil “A Corva, compoñedora de contos” con Cristina Collazo. Ás 19,30 horas farase un sorteo de dúas cestas con produtos apícolas entre todos os compradores.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un herido al volcar su coche en Requeixo de Valverde
"OURENSE SEPARA Y RECICLA"
Los habitantes de Allariz ingresan más de 60.000 euros por reciclar
Lo último
GUERRA EN ORIENTE MEDIO
Bruselas alerta de una posible crisis energética “sin precedentes”
FALTA DE PRESUPUESTOS
El Gobierno utilizó fondos de la Unión Europea para pagar pensiones
MOVIMIENTO EN EL MERCADO
Los Escribano salen de Indra y venden su 14,3% tras el choque con el Gobierno