TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
RECOGIDA DE RESIDUOS
Allariz aprobou en outubro a nova ordenanza que regula as taxas de recollida de lixo, dando cumprimento á Lei 7/2022 e á suba dos custos imposta por Sogama. O Concello ofrece unha redución do 15% na taxa ás persoas ou establecementos que realicen unha recollida selectiva adecuada da fracción orgánica ou fagan compostaxe comunitario/individual, fomentando así prácticas sostibles.
A nova tarifa para vivendas urbanas con recollida tres ou máis días á semana é de 88 euros a estándar e de 74,80 a reducida, mentres que con recollida un ou dous días queda en 70 euros (estándar) e 59,50 (reducida). As taxas para actividades económicas varían segundo a tipoloxía, superficie e frecuencia de recollida.
Para beneficiarse da redución, é necesario presentar unha solicitude antes do 1 de febreiro de 2025, co NIF/CIF da persoa ou establecemento solicitante e unha declaración responsable de compromiso a realizar a recollida selectiva adecuada. O modelo está dispoñible no Concello e na sede electrónica e a solicitude pode realizarse presencialmente nas dependencias municipais, ou online na web allariz.gal.
Ademais, o Concello poderá realizar inspeccións anuais para verificar a continuidade e a correcta separación da fracción orgánica nos establecementos e vivendas que soliciten a bonificación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un minibús escolar tras salirse de la vía en Allariz
Lo último
CUATRO VIVIENDAS DESALOJADAS
El Concello de Verín realoja temporalmente a los afectados por el incendio que calcinó el tejado de un edificio