ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un herido al volcar su coche en Requeixo de Valverde
A comezos deste mes de marzo comezaron as obras de mellora da rúa Aureliano Ferreiro, arteria principal da localidade de Maceda. Unha actuación especialmente necesaria polos problemas derivados do mal estado das canalizacións na zona, pero que suscitou polémica pola retirada do adoquinado.
Finalmente, o rexedor local, Rubén Quintas, confirmou que o novo vial estará acondicionado con asfaltado en quente, e que actuación final superará en investimento ao inicialmente previsto, rondando, en definitiva, o millón de euros.
Con respecto ao anterior, dende o Bloque Nacionalista de Maceda lamentaron “que non fose posible que o noso alcalde aceptara a reivindicación fundamental de moitos veciños e veciñas e do BNG de Maceda de conservar o “adoquinado” desas rúas”, sen embargo, quixeron subliñar a consecución de “melloras moi importantes en relación co proxecto inicial, o que valoramos como un éxito parcial da mobilización veciñal”.
Os nacionalistas aseguraron que “froito desta presión” conseguíronse “as melloras introducidas na reforma destas rúas, entre as que destacamos a nova canalización de augas pluviais, financiada pola Deputación de Ourense; así como as vencelladas ao subministro de auga potable, á construción de novas beirarrúas de pedra na parte central de Aureliano Ferreiro e á adecuación, en xeral, da totalidade das beirarrúas. Tamén a un pavimento máis adecuado na zona de tránsito de vehículos e ao mobiliario urbano e vexetal”.
Dende o Bloque Nacionalista Galego lembraron tamén que a formación presentou no Parlamento de Galicia no mes de novembro de 2022 dúas emendas aos Orzamentos da Xunta de Galicia do 2023, encamiñadas a mellorar o proxecto inicialmente elaborado.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un herido al volcar su coche en Requeixo de Valverde
"OURENSE SEPARA Y RECICLA"
Los habitantes de Allariz ingresan más de 60.000 euros por reciclar
Lo último
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
Yolanda, genio y figura
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 4 de marzo
FUTSAL FEMENINO
El Ourense Ontime queda sin final de la Copa Galicia (1-4)