O BNG presentará unha candidatura en Maceda
Aproveitouse a xuntanza para elexir aos representantes da asemblea local no consello comarcal do BNG -que serán Beatriz Cuenca e Pablo Seoane- e para esbozar o plan de traballo para o derradeiro trimestre do ano.
Haberá candidatura do Bloque Nacionalista en Maceda para os vindeiros comicios locais. A decisión adoptouse na celebración da asemblea local macedana, na que estiveron presente membros do consello comarcal do BNG: Jonathan Rivas e Xoaquín Méndez.
O encontro abriuse a persoas que, actualmente, non militan na formación, pero que, segundo expuxeron dende a mesma “son nacionalistas e galeguistas que comparten o seu análise sobre a desastrosa xestión que está a facer o Grupo de Goberno do PP do Concello de Maceda”.
Así, na asemblea tomouse, por unanimidade, a decisión de presentar unha candidatura do BNG ás eleccións municipais de maio de 2023, na que se integrarán tanto militantes e simpatizantes do BNG, como outras persoas nacionalistas ou galeguistas, co obxectivo, subliñan dende o partido, “de ter de novo en Maceda unha alcaldía nacionalista”.
Por último, aproveitouse a xuntanza para elexir aos representantes da asemblea local no consello comarcal do BNG -que serán Beatriz Cuenca e Pablo Seoane- e para esbozar o plan de traballo para o derradeiro trimestre do ano.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
NUEVO FICHAJE
Xabi Oroz, un base de garantías para el COB
CORREDOR LOCAL MÁS RÁPIDO
Fermín Sousa recoge el premio José Luis Outeiriño del 59º Rally de Ourense