Ceo e terra choraron ó meco en Allariz no Pranto de Entroido
MECO
A chuvia, que caía con forza, impedíu que o meco abandonase a Praza Maior da vila de Allariz, pero non impediu que as carpideiras derramasen as súas bágoas por él
Os alaricáns despediron onte o seu querido Entroido malia que a agua non os deixou facelo “como deus manda”, dicía algún veciño. A chuvia, que caía con forza, impedíu que o meco abandonase a Praza Maior da vila, pero non impediu que as carpideiras derramasen as súas bágoas por él.
Os valentes que non quixeron deixar só ao meco non se achegaron de balde, pois tiñan preparados para eles un bo surtido de viños e licores acompañados de bica para dicir adeus co bandullo cheo.
As decenas de persoas que daban conta da comida e da bebida achegábanse á darlle o último adeus ao meco, que este ano non poido ser queimado no Campro dos Brancos como é costume: “Este ano o meco, en vez de arder, afogou”, dixeron entre risas.
Así, Allariz pón o broche a unha das celebracións máis queridas da vila e comezan a contar os días para a seguinte, que non tardará en chegar. “Agora a esperar o Boi, que xa se fai longo”, sinalan os alaricáns.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un minibús escolar tras salirse de la vía en Allariz
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
O crime de Allariz e a prisión de Ceuta
Lo último
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Alertan de la presencia de ratas muertas junto a un parque infantil de Ourense
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Dos heridos tras volcar y quedar el coche destrozado en Toén