30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
CONCURSO DE COMPARSAS
A Barreira converteuse, unha vez máis, no corazón do Entroido de Allariz coa celebración do Baile de Entroido e o concurso de comparsas, dúas propostas que xa establecidas no calendario do municipio.
Con sol e frío, os alaricáns saíron á rúa para interpretar os seus disfraces. Cativos e maiores puxeron o mellor de si mesmos para impresionar aos veciños e ao xurado, ao que non llo puxeron nada fácil. Ademais, os presentes desfrutaron do Baile de Entroido animado pola Space Discmóbil que non dubidou en pór cancións para tódolos gustos. O entroido deixa ver a paixón da xuventude, quen incansable animou a todos -incluso aos que teñen menos ritmo- a mover o corpo e bailar xuntos na derradeira tarde de celebración.
Será hoxe cando Allariz despida o seu entroido queimando o meco no Campo dos Brancos. O meco chegará alí logo de saír dende a Praza Maior, percorrendo as rúas acompañado polas carpideiras no Pranto de Entroido.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
PANORAMA CULTURAL
Mugares, referente del audiovisual a través del Entroido de Ourense
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
Lo último