O Concello de Allariz reedita o seu ciclo de educación sexual
Participarán alumnos do CEIP Padre Feijóo e o IES de Allariz.
O Concello de Allariz reeditará, neste 2021, o ciclo formativo sobre educación sexual que, ao longo dos últimos anos, vén desenvolvendo da man dos centros educativos da vila. O obxectivo será traballar a partir de intervencións curtas e dende a vindeira semana, contidos da disciplina sexolóxica relacionados coa puberdade e a adolescencia. Neste senso, impartiranse, en total, tres sesións por grupo aos cursos de sexto de Primaria do CEIP Padre Feijóo e a segundo e cuarto da ESO do IES de Allariz.
A idea destes ciclos de educación sexual, nos que se traballarán contidos relacionados co feito de ser sexuados e sexuadas e a implicación que ten isto para as persoas e as relacións que establecen para a convivencia, foi acuñada por Efigenio Amezúa.
Tal e como apuntaron dende a área de Benestar Social do Concello de Allariz, reflexionarase durante as sesións -dende unha actitude comprensiva- sobre os cambios nos corpos e nas relacións, -a partir deste momento- e introduciranse entre as ideas que aporten un maior coñecemento e faciliten o entendemento de cousas que poden pasar e que inflúen no mozo ou moza: ideas como o feito de ser sexuados e diferentes, as ideas de amizade, de gusto polo outro ou das ideas de parellas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un herido al volcar su coche en Requeixo de Valverde
"OURENSE SEPARA Y RECICLA"
Los habitantes de Allariz ingresan más de 60.000 euros por reciclar
Lo último
A POR PLAY OFFS
El Antela, a seguir soñando ante el Villalonga
Miguel Anxo Bastos
La decepción de Trump
"RUTAS QUE REXENERAN"
Trevinca-Valdeorras da a conocer su patrimonio