TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
A exposición “En cueros”, do artesán Luis Rioja González, poderá visitarse no Museo do Coiro de Allariz -que no seu día foi a Fábrica de Curtidos da familia Nogueiras- ata o vindeiro 26 de setembro. Nesta mostra, que fai unha homenaxe ao espazo no que se atopa e que un día fixo da vila de Allariz un importante referente relacionado co curtido de peles, o seu artífice realiza unha experimentación con este material co obxectivo de amosar unha obra ecléctica, con diversidade de formatos, técnicas e procesos.
Durante todo o percorrido por “En cueros” pódense ver obras que apostan por un maior clasicismo e outras que están impregnadas dunha maior carga experimental dende o punto de vista formal e técnico. Outras das propostas son de gran formato e mesturan a técnica da pintura, e tamén a da escultura.
A escultura en coiro é un elemento que conta cunha especial relevancia dentro das creacións elaboradas polo artesán. A técnica e o formato de execución son, do mesmo xeito, aspectos variables en algunhas das pezas escultóricas da exposición. Ademais, a exhibición conta tamén con diversas propostas de complementos onde o bolso é o principal protagonista.
Os visitantes que decidan achegarse a esta exposición, atoparánse cunha representación das posibilidades das que goza o coiro dentro da experimentación artística, máis alá das técnicas e uso tradicionais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un minibús escolar tras salirse de la vía en Allariz
Lo último
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Tragedia en Zamora: mueren dos adultos y dos menores en una salida de vía en Malva
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy domingo, 1 de noviembre
DESAPARECIDOS EN OURENSE
Localizan a una persona desaparecida en Barbadás caminando en la carretera N-525