Escavando historia en Armea
Esta semana arrancou a decimocuarta campaña de verán de escavación arqueolóxica no Castro da Atalaia de Armea, na que estarán implicados máis dunha vintena de estudantes universitarios procedentes de toda España e Portugal.
Esta semana arrancou unha nova campaña de escavación arqueolóxica no xacemento de Armea, situado na parroquia de Santa Mariña de Augas Santas (Allariz). Durará un total de catro semanas, na que un completo grupo de traballo, con estudantes universitarios procedentes de toda España e Portugal, tratará de seguir ampliando e descubrindo a riqueza arqueolóxica deste enclave.
Trátrase da edición número catorce do proxecto, tras o seu inicio no ano 2011, un dos que atesoura unha máis ampla e continuada traxectoria en Galicia. Grazas ao labor do GEAAT (Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüedade e Territorio), con sede no campus de Ourense, que leva este tempo implicado no estudo do proxecto, cunha campaña cada verán e á financiación da Deputación de Ourense e da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e co apoio do Concello de Allariz.
O xacemento foi escavado xa na década dos 50 polo arqueólogo Francisco Conde-Valvís, aínda que despois reenterrouse e non se volveu traballar ata o 2011, grazas ao seu traballo inicial e a todas as pegadas arqueolóxicas que se atopan pola contorna, coma o Forno da Santa ou o Monte do Señoriño.
Tras o reinicio das escavacións, en Armea identificouse durante os últimos anos un núcleo urbano importante, dos principais de Galicia entre o século I e III d.C., descubríndose no lugar un castro romanizado, que cada vez se vai ampliando máis e tomando forma como unha vila referente da época.
Neste verán as actuacións están focalizadas na parte leste do xacemento. “Trátase da zona de ampliación natural, unha vez que a finca de Atalaia está máis ou menos escavada xa”, indicou a directora de campo da arqueoloxía, Alba Rodríguez.
A parte financiada pola Diputación correspóndese ás áreas dez e quince da escavación. Continuaranse os traballos realizados nas dúas campañas anteriores de escavación na domus dos pináculos e na rúa central do xacemento.
Mentres que na zona que se corresponde á financiación da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, o obxectivo é recuperar niveis antigos. “Aí apareceu a casa castrexa, entón queremos saber que hai nesta zona, se niveis romanos ou castrexos”, sinalou Alba Rodríguez.
Ata hai uns anos, non existía evidencia de ningunha casa ao estilo castrexo. “Nós sempre estivemos en contra de chamarlle Castro de Armea, porque non había castro en realidade, e a xente viña buscando casas redondas e non as había” , expresou a directora. En cambio, hai uns poucos anos logrouse constatar esta coexistencia ao descubrir a primeira estrutura deste tipo.
“Armea, o que che permite ver é como se mesturan os elementos romanos coa poboación indíxena, incluso introducíndose a lingua escrita que non existía ata o momento”, destacou Alba Rodríguez. No enclave pódense apreciar escrituras en pedra indicando o nome de familias propietarias das casas e incluso nos vasos que utilizaban para beber, para identificar o seu propio recipiente máis facilmente.
verdadeira cidade romana
Os traballos realizados nos últimos case tres lustros indican, con case total seguridade, que o xacemento se trataba dunha “autética cidade romana”.
Pese a que os primeiros asentamentos da zona tratan da Idade de Ferro, que datan de entre o século II en o I a.C., o núcleo poboacional evolucionou a partir do século I d.C. As casas que se poden apreciar no xacemente foron construídas principalmente entre o ano 75 e o 100, e foron utilizadas ata o século III.
O seu crecemento durante este época pódese deber principalmente a que está situado ao carón dunha calzada romana. En Armea constituíuse un dos asentamentos urbanos principais de Galicia, só superado por Lugo.
Estudantes de toda España
O grupo de traballo implicado neste proxecto estrutúrase a través dunha mestura de técnicos oficiais e estudantes universitarios. Nesta primeira quincena da campaña traballarán na escavación un total de doce estudantes, que serán substituídos por outra docena na segunda etapa.
Os xóvenes proveñen principalmente das carreiras de historia e arqueoloxía e similares e veñen de universidades de toda España e incluso de Portugal. Hai alumnos da Universidade de Vigo, de Santiago, de Barcelona, de Sevilla, de Valladolid e de Valencia. O grupo combina mozos con e sen experiencia e representa un equilibrio de xénero.
É o caso de Irene Martínez, estudante do dobre grao de Arqueoloxía e Historia na Universidade de Barcelona, que regresou a Galicia para implicarse no xacemento. Pese a rematar aínda o primeiro ano de carreira, xa estivo traballando noutros proxectos similares, pero ve Armea como “unha oportunidade moi grande de progreso”. Tras os primeiros días de excavación xa está encantada por esta “experiencia marabillosa”.
Visitantes en crecemento
Todas as mañás o xacemento recibe a visita dunha media próxima de vinte persoas, con picos de ata cincuenta visitantes. Ademais, polas tardes tamén chega moita xente ao castro e outra que se aproxima mentras fai unha andaina pola ruta do monte. As cifras son difíciles de medir, xa que está totalmente aberto ao público, pero agora están iniciándose visitas guiadas e están en aumento as excursións escolares.
Dende a organización esta tendencia en aumento percíbese como algo completamente positivo. “Mostra o interes da xente, que esto é patrimonio de todos, non só noso”, manifestou Alba Rodríguez.
O mércores día 30 se celebra unha xornada de portas abertas oficial. A partir das once da mañá recibirase aos visitantes. Así e todo, durante as catro semanas nas que o grupo de traballo permaneza en Armea “a todo o que veña se lle explicará o xacemento”
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que la Navidad ya llegó a Allariz?
SAN VITORIO DA MEZQUITA
Alertan de un fuego intenso en una casa de Celeiros, Allariz
FLUIDEZ DO TRÁFICO
Allariz delega na Garda Civil de Tráfico dende esta semana
Lo último
TEMPERATURAS MÍNIMAS
Galería | El primer día del invierno cubre de nieve y hielo la provincia de Ourense