ENCONTRO DE CACHARREIROS
Niñodaguia enciende hornos para reivindicar su historia
O espazo “coworking” Ben Común de Allariz cubriu este ano a metade das prazas que oferta e busca novas iniciativas para o vindeiro curso académico. Ademáis dos emprendedores que traballan diariamente no número 1 da praza Torre Lombarda de Allariz, outros o fan de xeito intermitente -por días ou semanas-. “Traballan seis persoas continuamente e o resto vai rotando. Hai persoas que tamén están aquí durante as vacacións”, conta Carlos Airas, responsable do centro de iniciativas empresariais. “O noso obxectivo sería chegar a doce persoas”, engade.
Para favorecer a instalación de iniciativas empresariais neste espazo “coworking”, Ben Común e o Concello de Allariz reeditaron este ano o seu convenio de colaboración que implica o financiamento do custe ao 90 por cento no caso daqueles emprendedores que estean iniciando un novo proxecto. Do mesmo xeito, dende o “coworking” aplican unha bonificación do 50 por cento a todos os usuarios restantes -os que non están iniciando un proxecto pero é a primeira vez que fan uso do lugar- durante o primeiro ano. “Xa temos xente preguntando e supoño que en setembro reservarán o seu espazo. Moitos autónomos tamén están agardando para comprobar como vai a quedar a cotización. Eso tamén inflúe á hora de escoller traballar nun “coworking” ou dende a casa, no caso de que se poida teletraballar”, sinala Carlos. “Estamos encantados de recibir a máis persoas. Gustaríanos chegar ao cen por cen de ocupación”, engade.
DIVERSAS INICIATIVAS
No espazo Ben Común, cunha superficie de 300 metros cadrados, desenvólvense iniciativas como unha editorial , xestión de redes ou de páxinas web , traduccións, deseño ou abogacía.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENCONTRO DE CACHARREIROS
Niñodaguia enciende hornos para reivindicar su historia
INTEGRACIÓN SOCIAL
El rural ourensano, motor de integración social de jóvenes
Lo último