Os felos de Maceda, primeira estación
Entroido 2020
Os felos xa reinan en Maceda, un ano máis. Madrugadores como poucos, as rúas da vila xa tiveron este domingo a primeira achega a unha actividade que, como era de esperar, xuntou a moitas persoas que xa tocan o entroido cos dedos
O alcalde de Maceda, Rubén Quintas, resumía este sábado con meridiana claridade o sentimento do pobo: "A xente xa tiña gañas despois do resacón de fin de ano". Sin disimular un ápice de sorna a primeira autoridade municipal resumía así a sensación que vive o pobo, que ten moi claro que co arranque do ano o Entroido é cuestión de semanas.
As vísperas de tan singular celebración xa se viviu este sábado coa saída dos felos, os reis do entroido da vila. Eran pouco despois das oito da tarde cando os felos saían do pavillón Multiusos, percorrendo logo as rúas da vila ata chegar ata o centro. O percorrido tiña a súa meta no castelo de Maceda, onde estaba prevista unha cea, como recordaba o alcalde.
A de onte era a primeira vez na que saían os felos de forma organizada, polo tanto a primeira vez na que o Entroido parece que sae ao encontro. Dadas as gañas que había de troula, posiblemente as saídas espontáneas poidan seguir en calquera momento. Polo de agora, a saída dos felos en Maceda solo cumple a súa primeira estación. Quedan moitas ata o mércores de cinza.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
Portal Martínez Soto
TÚ FARMACÉUTICA INFORMA
Protección solar: buenas prácticas desde la oficina de farmacia
"AMIGO LEAL DE MUÍÑOS"
Miguel Ángel Santalices, fillo adoptivo de Muíños