“El juego de su vida”, premio á mellor curta do RiR de Allariz
FESTIVAL DE CINE
O Festival Internacional de Curtas de Comedia de Allariz “RiR” pechou a súa VII edición coa entrega dos premios aos gañadores e varias actividades
Á mañá do sábado tivo lugar un encontro con Luisa Álvarez e María Alonso, do FICAR Entrimo, o festival convidado desta edición do RiR.
A continuación, o director de “Días de cine”, Gerardo Sánchez, presentou o seu libro “Memorias de un cinéfilo sarnoso” junto a Carlos Gurpegui.
Pola tarde estreáronse en exclusiva “Pulp Air”, de Anita Pico, e “Poscoito”, de Héctor Rodríguez, seguido por un especial 20º aniversario de “Toxic percebe”, de Martín Fiallega e Xabier Jácome.
A Casa da Cultura alaricana acolleu por último a gala de clausura, conducida polo actor vigués Avelino González, e na que o actor Miguel de Lira foi homenaxeado co premio honorífico Rir Contigo.
Lista de premiados
A gran gañadora da sección oficial foi a curtametraxe “El juego de su vida”, que levou os premios a mellor curta de ficción e á mellor interpretación para Álex Macías.
“Becarias” foi escollida mellor curtametraxe de animación, mentres que “Segunda II” obtivo o galardón á mellor curta de xénero documental ou falso documental.
Lisa Sallustio, directora de “Assoiffé”, logrou o premio á mellor dirección. O premio que outorga a Fundación Vicente Risco ao mellor guion do RiR foi para Nüll García e Alba Flores, por “Malegro verte”.
Finalmente, o premio do público a mellor curtametraxe de comedia foi para “El desayuno de los funcionarios”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
RESULTADOS FAVORABLES
Retirada la prohibición de baño en la playa fluvial de O Barco
SUBIDA DE LOS CARBURANTES
Mapa | Busca las gasolineras más baratas en Ourense en julio
OTRA MENOR PRESENTE
Investigan como crimen machista la muerte de una mujer y su hija en Alicante