ENCONTRO DE CACHARREIROS
Niñodaguia enciende hornos para reivindicar su historia
CULTURA
A séptima edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia “Festival RiR” celebrarase do 1 ao 7 de setembro. Aquí podes consultar o programa completo:
Como en tódalas edicións, haberá catro bloques de curtametraxes cunha duración de 75 minutos cada un, tendo un bloque específico de curtametraxes documental e mesturando os tres restantes a ficción e a animación.
Arrinca o festival o domingo, 1 de setembro, coa proxección do palmarés do ano pasado e co avance da programación da presente edición. A partir das 20:00 horas, na Casa da Cultura de Allariz.
Máis actividades
A continuación, haberá unha charla coloquio coa pediodista María Aller Radio (conductora do podcast “Ni tan malas” de Subterfuge Radio) sobre “A comedia de guerrilla”, no que participarán os produtores Jorge Alonso e Víctor Corrales, que acuden á estrea do filme “Amor en toda la cara”, dirixido por Gerald Fillmore, cuxa curta na que está baseado “Hold for applause”, que foi premiada polo festival na súa cuarta edición co Premio Fundación Vicente Risco ao mellor guión. O sábado dará comezo coa sección Ficar Entrimo.
Asistirá Gerardo Sánchez (director de “Días de cine” de TVE) coa primeira presentación oficial do seu último libro “Memorias de un cinéfilo sarnoso”, que conversará co embaixador do festival Carlos Gurpegui.
Estrearanse dúas webseries: “Pulp Air” de Anita, e “Poscoito” de Héctor Rodríguez. De seguido haberá unha proxección especial do 20 aniversario, de Toxic Percebe, de Martín Fiallega e Xabier Jácome. Rematasare o día e a edición coa Gala de Clausura, na que se fará a entrega de premios.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENCONTRO DE CACHARREIROS
Niñodaguia enciende hornos para reivindicar su historia
INTEGRACIÓN SOCIAL
El rural ourensano, motor de integración social de jóvenes
Lo último