TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
No marco do proxecto Corrente cultural -que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo- promovido polo Concello de Maceda en colaboración con Abanca e Afundación, a mostra fotográfica “Nós tamén fomos emigrantes” inaugurarase hoxe neste municipio. Consiste nunha serie de imaxes que relatan visualmente a emigración española durante o pasado século XX. O conxunto verá a luz logo dun acto de inauguración que se celebrará a partir das 11,00 horas de hoxe no salón de actos do Concello e que contará coa asistencia do alcalde de Maceda, Rubén Quintas Rodríguez; Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de Abanca en Ourense; Lucía Santás, directora da oficina en Maceda e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo.
A exposición, que poderá visitarse ata o vindeiro 11 de outubro de luns a venres entre as 09,00 horas e as 15,00 horas, recolle unha selección de corenta fotografías da emigración, tanto española como galega, procedentes dos arquivos da Axencia EFE. O obxectivo é tratar de achegar aos visitantes a esa realidade histórica a través dunha síntese fotográfica das migracións mediante a mirada profesional e humana dos fotoxornalistas da época.
A mostra poderá visitarse na localidade de Maceda ata o vindeiro 11 de outubro, de luns a venres dende as 09,00 horas ata as 15,00 horas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un minibús escolar tras salirse de la vía en Allariz
Lo último