LOTERÍA DE NAVIDAD
El Gordo, el 79432

Maceda mellorou a sede local de Protección Civil

Prieto, que destacou a colaboración entre administracións, recordou que Maceda será un dos concellos que contará cun novo Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) este mesmo ano e que terá a súa sede neste edificio.

Natalia Prieto, xunto ao alcalde de Maceda -á dereita- Rubén Quintas e o resto dos axentes.
Natalia Prieto, xunto ao alcalde de Maceda -á dereita- Rubén Quintas e o resto dos axentes.

As instalacións do servizo de emerxencias e Protección Civil de Maceda melloráronse nos últimos meses grazas ás axudas do Fondo de Compensación Ambiental que ascenderon a 32.000 euros e que permitiron incrementar a calidade e eficiencia enerxética neste inmoble. Deste xeito, adecuouse a envolvente térmica e adaptouse ás necesidades do servizo. Así mesmo, mellorouse a iluminación interior mediante a colocación de luminarias de tipo LED.

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, comprobou este xoves todas as actuacións levadas a cabo. Prieto, que destacou a colaboración entre administracións, recordou que Maceda será un dos concellos que contará cun novo Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) este mesmo ano e que terá a súa sede neste edificio. Dará cobertura aos concellos de Baños de Molgas, Esgos, Maceda, Paderne de Allariz, Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.

Contenido patrocinado

stats