Novo equipo de excarceración para o GES de Maceda
Dito equipo serve para calquera tipo de emerxencia de salvamento ou rescate onde sexa necesario empregar ferramentas hidráulicas de corte, separación, tracción e elevación.
O Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Maceda recibiu este luns, da man do delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, e do xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Marcos Araújo; un equipo de excarceración valorado en 57.000 euros e destinado a atender determinadas intervencións como accidentes de tráfico con persoas atrapadas, rescates en espazos confinados ou outras estruturas colapsadas.
Dito equipo serve para calquera tipo de emerxencia de salvamento ou rescate onde sexa necesario empregar ferramentas hidráulicas de corte, separación, tracción e elevación. Consta dos elementos precisos para a intervención en rescate como unha bomba hidráulica con motor de combustión, catro mangueiras hidráulicas, dous puntais de estabilización, ou un protector de Airbag, entre outros elementos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que la Navidad ya llegó a Allariz?
SAN VITORIO DA MEZQUITA
Alertan de un fuego intenso en una casa de Celeiros, Allariz
FLUIDEZ DO TRÁFICO
Allariz delega na Garda Civil de Tráfico dende esta semana
Lo último