TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
ARTESANÍA
O X Encontro de Cacharreiros de Niñodaguia (Xunqueira de Espadanedo), que se celebra no Museo da Olería de Niñodaguia ata o domingo 18, comezou no día de onte, permitindo achegar a centos de persoas o tradicionl oficio dos oleiors.
Entre os participantes desta edición atópanse os cacharreiros de Niñodaguia Agustín Vázquez e Enrique Cabana, Olería do Batán (Baños de Molgas), Carlos San Claudio (Vigo), Antón Román (Gondomar) e Susana González (A Coruña); e en representación da olería portuguesa, os artesáns Carlos Lima e Xana Monteiro. A eles uníronse o telleiro O Buraco, o torneiro Adrián Pena (Vigo) e a cesteira Julia de la Cal (O Porriño).
A programación de actividades inclúe demostracións ao vivo e venda de pezas, así como visitas guiadas ao Museo da Olería de Niñodaguia, que tse desenvolverán tamén hoxe e mañá en dúas quendas, ás 13,00 horas e ás 18,00 horas. O programa complétase coas actuacións de música tradicional. Onety foi a quenda de Xunquereteiras; hoxe sábado, actúan Os Trabazos, a partir das 20,00 horas.
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participaron na apertura do evento, onde resaltaron o papel da olería tradicional na Artesanía de Galicia e a importancia do apoio institucional a este tipo de eventos monográficos que contribúen a manter, amosar e poñer en valor estes oficios artesanais.
O evento, organizado polo Concello de Xunqueira de Espadanedo, estase a consolidar como unha cita de referencia para o sector da olería e da cerámica, tras celebrar este ano a décima edición.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un minibús escolar tras salirse de la vía en Allariz
Lo último
FUERTE DISCUSIÓN
Muere una mujer apuñalada en Murcia y buscan a un hombre que se fugó
SECTOR TURÍSTICO
Petín ya tiene candidata para la alcaldía por el PP