Rafael García, premio Vicente Risco de Ciencias Sociais

El XXVIII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais é para Rafael García Ferreira con ensaio “Outubro 1934 en Compostela. Mobilización, consecuencias políticas e represión”

O xurado do XXVIII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais
O xurado do XXVIII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais

O xurado do XXVIII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais decidiu outorgar por maioría o premio ao traballo presentado baixo o título de “Outubro 1934 en Compostela. Mobilización, consecuencias políticas e represión”, que é obra de Rafael García Ferreira.

O xurado valora deste traballo ser un ensaio rigoroso, ben redixido, argumentado, estruturado e con bo dominio das fontes. Tamén valora que a temática e o estudo do caso son de interese e actualidade, dado que se aborda un período histórico complexo, con elementos que poden ter certas conexións coa actualidade e seren abordados dende diversas perspectivas das Ciencias Sociais.

O xurado do XXVIII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais estivo composto por: Teresa Devesa Graña, polo Concello de Allariz; Joaquim Vázquez Rodríguez, polo Concello de Melide; Manoel Carrete Rivera, polo Concello de Castro Caldelas; Carmen Villarino Pardo, pola Universidade de Santiago de Compostela; Isabel Mociño González, en representación do Padroado da Fundación Vicente Risco e como secretaria, mentres que desculparon a súa presenza por motivos persoais Xavier Limia de Gardón, pola Deputación de Ourense; Xosé Henrique Costas González, pola Universidade de Vigo; e Maria Luísa Soares, pola Universidade de Tras-Os Montes, que remitiron a súa valoración

Contenido patrocinado

stats