TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
A Fundación Vicente Risco de Allariz acolleu neste mes de Nadal unha interesante exposición froito do traballo colectivo de 24 “neoartistiñas”, denominación acuñada polo propio Risco para referirse a Xaime Quessada, Xosé Luis de Dios e Acisclo Manzano, e que a fundación que actualmente preside Celia Porto busca impulsar e consolidar para aupar aos novos artistas.
Tras as tres primeiras actuacións, o ciclo pechouse o pasado venres 22 de decembro ás 20,00 horas con clase de violín da mestra Yulia Petrushevskaya e “A gran tradición románica” como cuarto Concerto do IX Ciclo de música de cámara. Cibrán García García e Anxo Gómez Piñeiro foron os intérpretes.
A actividade “Petiscos Musicais”, un ciclo anual de catro concertos deseñada no 2015 baixo a coordinación da profesora de piano Cristina Vázquez Canal, mudou este ano de nome e coordinación, estreándose no cargo o pianista vigués Brais González baixo a denominación “Neoartistiñas”.
A exposición “Entreliñas”, que tamén tivo lugar neste mes, esta formada polos traballos feitos por unha vintena de alumnos de primeiro e segundo curso de Ilustración da Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense, entidade que fixo de enlace e estímulo entre os artistas e a fundación alaricana, con sede no número 3 da rúa San Lourenzo.
O obxectivo da Fundación Vicente Risco é ir máis alá dun mero museo que custodie e divulgue a obra do autor nado, senón se un punto de encontro e difusión para a cultura hoxe en día. Nesa liña organizáronse estas exposicións e actividades na Fundación Vicente Risco.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un minibús escolar tras salirse de la vía en Allariz
Lo último