O Rexo homenaxea os 25 anos do “Ecoespazo”
ACTIVIDADES ESPECIAIS
Allariz festexou o aniversario da emblemática obra de Agustín Ibarrola "Ecoespazo", en O Rexo
A vila de Allariz festexou o 25 aniversario do Ecoespazo do Rexo, unha emblemática obra de Agustín Ibarrola, falecido o ano pasado, e que se inaugurou na noite de San Xoán de 1999. O Concello preparou unha serie de actividades especiais para redescrubir este espazo único e festexar todos xuntos o seu legado artístico e ambiental.
O evento comezou ás 19:00 horas e pouco despois tiveron lugar as visitas teatralizadas con sorpresa “Coñecemos o ecoespazo”. Os asistentes puideron gozar dunha pequena visita ao Ecoespazo, cunha perspectiva dinámica que resaltou a historia, significado e a visión de Agustín Ibarrola.
Ás 20:30 horas presentouse unha pequena exposición adicada ao Ecoespazo, a súa creación e evolución ao longo destes 25 anos. A xornada culminou cunha cea moi especial, con menú de proximidade co queixo, cordeiro do Rexo e produtos da Reserva da Biosfera e música en vivo. Os asistentes puideron utilizar o servizo de autobuses a disposición dende a estación de bus.
Conservación
A alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, quiso destacar a importancia da conservación da contorna e o valor da arte, exercendo de recurso e xerando actividade para toda a comarca.
Agustín Ibarrola chegou a Allariz no ano 1997, coa promesa dunha nova produtora. O clima que estaba a vivir no País Vasco, pola súa forte posición como antiterrorista e defensor da democracia, propiciou que vise a oportunidade para asentarse na provincia de Ourense durante un tempo e, por suposto, continuar desenvolvendo o seu gran talento.
O escultor vasco estivo acompañado do arquitecto César Portela, despois de 23 días de traballo nos que contou coa colaboración de estudantes de Belas Artes. Músicos galegos e vascos amenizaron a presentación ante centenares de asistentes no medio de gran expectación por ver a intervención do artista no espazo natural.
A arte de Agustín Ibarrola caracterízase por unha técnica colorida, que fusiona os pigmentos cos contornos naturais. Plasma as formas encerradas tanto dentro das árbores como das pedras, coma se tivesen un movemento propio ata que, dalgunha maneira, volve a dimensionalos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que la Navidad ya llegó a Allariz?
SAN VITORIO DA MEZQUITA
Alertan de un fuego intenso en una casa de Celeiros, Allariz
FLUIDEZ DO TRÁFICO
Allariz delega na Garda Civil de Tráfico dende esta semana
Lo último