TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
A semana pasada un grupo de descoñecidos asaltou a ermida de Don Franque e roubou unha das campás da ermida, que pertence aos pobos de O Soto, Outeiro da Torre e Casonel, no concello de Maceda.
O párroco da ermida, Manuel Pérez, comentou que o delito produciuse a semana pasada: “Isto aconteceu hai unha semana. O sitio é un descampado bastante grande e a xente vai alí a facer botellón”, explicaba o párroco.
“É relativamente fácil subirse ata arriba do campanario pero para poder mover a campá tiveron que ser varias persoas para poder facelo”, comenta Manuel Pérez.
“Estímase que pode valer arredor duns 2.500 euros. As persoas que roubaron a campá non puideron cometer o roubo entrando cun vehículo grande coma unha furgoneta, debido a que hai un cercado que non permite o acceso aos coches. Polo tanto tiveron que facelo en grupo e movendo a campá cunha corda probablemente”, explica Manuél Pérez.
A Garda Civil de momento está en plena investigación para atopar o ladrón da campá. Ata o momento non se descubriu quen foi o infractor do delito.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un minibús escolar tras salirse de la vía en Allariz
Lo último
VARIOS LOTES AFECTADOS
Alerta alimentaria por Salmonella en un conocido producto lácteo vendido en España