Sesenta mozos refuxiados de Mali intentan refacer a súa vida en Allariz
UN NOVO COMEZO
Sesenta novos refuxiados de Mali chegan a Allariz. Asisten a clases para integrarse tras chegar de Mondariz Balneario
O albergue de Allariz acolle dende hai unhas semanas a 60 inmigrantes procedentes de Mali que chegaron a España a través das Illas Canarias, fuxindo do conflito bélico no seu país. Na vila, centran os seus días na aprendizaxe do castelán e facendo actividades enfocadas a lograr un emprego co que poidan vivir e mandar cartos as súas familias.
Son o segundo grupo de refuxiados derivados deste conflito bélico que acolle o Concello de Allariz no último ano. Chegaron o territorio nacional a través das Illas Canarias e posteriormente foron desprazados ó Balneario de Mondariz, dende onde foron reubicados no albergue da vila alaricana a través da ONG ACCEM. En 2024, o albergue xa acolleu a 25 refuxiados, os cales foron desprazados a distintas partes de España por cuestións laborais e agrupamento familiar.
Estes mozos, de entre 20 e 30 anos, chegaron hai pouco pero xa se tramitou a solicitude de asilo. Teñen unha boa integración no municipio e están recibindo xa clases e formación para a integración laboral, nas que se prioriza a aprendizaxe do idioma, tanto castelán como galego, pois varios deles teñen intención de quedar en Galicia. “Existen peticións de varias empresas dispostas a incorporar a estes mozos”, apunta a alcaldesa.
“Moitos teñen coñecementos de hostalaría, agricultura ou construción e son conscientes da importancia do idioma para poder quedar e poder traballar”, engade Cid, facendo referencia ó interese destes mozos por residir aquí e as posibilidades laborais que teñen.
A alcaldesa visitounos onte acompañada do subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, quen asegurou que “a acollida destas persoas non é un problema, é unha acción de humanidade”.
Traballo das institucións
O coidado e formación destes mozos ven da man de ACCEM, unha ONG que atende labores de acollida e integración de persoas migrantes. Os gastos son afrontados polo Goberno de España e o Concello de Allariz cede o albergue municipal.
Tamén se favorece a integración social, na que “o Concello está permanentemente en contacto con eles e propiciase que teñan relación cos veciños e se incorporen nas actividades da vila, segundo as inquietudes individuais deles”, di Cristina Cid. Segundo comenta, moitos interésanse polo deporte, ben fútbol ou baloncesto, e mostran moito agradecemento pola acollida que están recibindo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que la Navidad ya llegó a Allariz?
SAN VITORIO DA MEZQUITA
Alertan de un fuego intenso en una casa de Celeiros, Allariz
FLUIDEZ DO TRÁFICO
Allariz delega na Garda Civil de Tráfico dende esta semana
Lo último
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Guardiola, presidenta, el PSOE se hunde
La Región
Cuando jugar se convierte en discriminar
La Región
Realidades municipales
IGLESIA DE LA VERACRUZ
Primera Papanoelada solidaria en O Carballiño