O teatro galego foi sometido a examen na vila de Allariz
Rosario Álvarez: “O obxectivo, o fomento da cultura galega, cumpriuse con esta xornada”
A “Xornada De O Bufón d’ElRei a O porco de pé. O teatro galego en perspectiva”, tivo lugar o sábado en Allariz.
Xosé Rodríguez Díaz, secretario da Fundación Vicente Risco fixo unha valoración do evento no que para il foi “moi positiva xa só o feito de falar de teatro, creemos que non se pode abordar todo o relacionado con iste mundo nunha xornada pero é un punto seguido porque alguén precedeunos e continuaranos”, explica.
“Unha xornada de moito éxito, con moita xente de prestixo do mundo do teatro. A mañá abordouse un pouco máis unha perspectiva histórica e logo dunha perspetiva dramática. Esta semana inagurouse a semana do teatro galego en Coimbra. Estívose dando un pouco as chaves de ese traballo e o percorrrido para reivindicar a vila da sede. A tarde tivemos a berberecheira, Ángeles Álvarez, a directora dos grupos de teatro Silvardeiras e Mafaldas. Fernando Dacosta (director da Aula de teatro Universitaria de Ourense). Puxémoslle colofón final con Cándido Pazó”, detalla Xosé Rodríguez.
“Esta xornada do Consello da Cultura Galega é o terceiro ano que se fai, sempre cunha temática diferente. Este ano tocou o teatro e estas xornadas terán continuidade noutros anos. Cubrimos todo o aforo e tivo que quedar xente fora, pero pode ver o que aconteceu no Consello da Cultura Galega. Para rematar quero aclarar que a xornada estivo precedida polo motivo do 40 aniversario do Consello da Cultura Galega”, conclúe o secretario da Fundación Vicente Risco.
Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega, valorou a xornada: “Estou encantada por como aconteceu todo. O obxectivo, o fomento da cultura galega e as artes escénicas galegas, cumpriuse”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
TERCERA FEDERACIÓN
El Barco, con la lección aprendida
RECORD DE EMPRENDIMIENTO
“EmprendOU en Feminino” bate su récord de solicitudes en la provincia de Ourense
DOS SEMANAS DE ACTIVIDADES
Las pompas de jabón inauguran el Campamento Urbano de Amencer
Julián Pardinas Sanz
España, mucho más que una selección de fútbol