Tito González: “Sería ilusionante ter unha banda municipal de música en Maceda”
Juan González cumpriu dúas décadas á fronte da Escola Municipal de Música de Maceda. Entre os seus obxectivos atópase converter esta entidade en comarcal, fundar unha banda de música municipal e reactivar a Coral Polifónica
Mestre de Acordeón e de Canto tradicional, Juan González cumpriu dúas décadas á fronte da Escola Municipal de Música de Maceda. Entre os seus obxectivos atópase converter esta entidade en comarcal, fundar unha banda de música municipal e reactivar a Coral Polifónica logo de dous anos de parón.
A escola iniciou a súa historia con dous mestres e as especialidades de Acordeón e Piano, pero agora é moito máis.
Si, comezamos con dúas especialidades, incrementamos a oferta con Vento-Madeira e Vento-Metal, ata contar tamén con Pandeireta, Danza, Guitarra e Gaita. Ademais, dende este ano, temos Canto moderno. Contamos con nove docentes e preto de noventa alumnos.
A tendencia sempre foi crecente?
Si e, de feito, agora mesmo temos lista de espera para todas as materias. En danza e pandeireta si é verdade que non temos tanto alumnado porque en Baños de Molgas e Xunqueira de Espadañedo hai escolas e entón está máis repartido.
De que xeito difundides e animades á poboación a tomar parte deste proxecto?
Facemos actividades divulgativas e obradoiros nos colexios co obxectivo de captar novos alumnos. A asignatura de Música e movemento tamén é un xeito de iniciar a nenos que logo escollen novos instrumentos.
Hai tradición musical en Maceda?
Moita e moi grande. De feito, fomos incrementando progresivamente as materias, hai unha coral e unha banda de gaitas. Tamén temos a agrupación “Os do fuelle”, que é un escaparate da nosa escola e na que hai músicos de sete concellos distintos.
Dado ese gusto pola música, non sería posible fundar unha banda de música municipal?
A maioría dos alumnos está nas materias de Acordeón, Piano e Guitarra. Fan falta outras especialidades a maiores que non temos. É algo complicado agora, pero sería ilusionante ter unha banda de música en Maceda. Nunca existiu como tal.
Reactivarase tamén a Coral Polifónica.
Si, a pandemia obrigou a interrumpir a súa actividade, pero en novembro poñerase en marcha e convidamos a todas as persoas que queiran participar nela.
Cal é o seu obxectivo como director?
Sería estupendo que, contando cos concellos limítrofes, a escola puidese ir a máis en materias e alumnos: pasar de ser unha escola municipal, a ser unha escola comarcal. Síntome moi orgulloso de ver como está funcionando o proxecto a día de hoxe.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un herido al volcar su coche en Requeixo de Valverde
"OURENSE SEPARA Y RECICLA"
Los habitantes de Allariz ingresan más de 60.000 euros por reciclar
Lo último
ALERTA SANITARIA EN EL ATLÁNTICO
Canarias prepara la repatriación de los pasajeros del MV Hondius mientras la OMS investiga el brote de hantavirus
Ataque a Irán
Israel vuelve a atacar Beirut en medio de alto el fuego