ENCONTRO DE CACHARREIROS
Niñodaguia enciende hornos para reivindicar su historia
Los nuevos alcaldes de la provincia de Ourense
Uxía Oviedo (PSdeG-PSOE) ocupará con tan só 23 anos anos a alcaldía de Maceda, converténdose na rexedora máis nova de Galicia. Despois de oito anos de goberno dos populares, será a quenda dun mandato socialista apoiado polo BNG. Nos comicios do pasado 28M, o Partido Popular de Rubén Quintas acadou cinco concelleiros unha cifra insuficiente fronte a suma dos catro acadados polo PSOE e os dous do BNG.
Consideraba a posibilidade de ser a alcaldesa?
A posibilidade sempre existe, porque se non xa nin te presentas. Eu sempre digo que a unhas eleccións sáese a gañar ou polo menos intentar gobernar. Aínda así, é verdade que o final sempre te sorprende. Tes a ilusión, tes as ganas, pero comprobar que os veciños confían en ti é moi gratificante.
Maceda decidiu despois de oito anos un voto maioritario ás esquerdas, como explica este cambio?
Xa fai catro anos, a xente votou alternativas distintas ao equipo de goberno daquel momento pero finalmente non puido ser porque non chegamos a un acordo. Desta vez xa se percibía antes das eleccións que a xente tiña moitas ganas de cambio. Pediuse un aire novo para Maceda.
Estes catro anos serán un traballo conxunto entre o PSOE e o BNG?
Agora mesmo estamos a traballar no pacto e temos as últimas reunións antes do día da investidura. Si que sabemos que vai a haber cambio de goberno e vamos a entrar nós na alcaldía, pero aínda non sabemos como vai a quedar a negociación. Non me quero adiantar aos acontecementos porque estamos en proceso de chegar a acordos.
Cales son as problemáticas que observa actualmente en Maceda?
Temos un concello moi abandonado. As infraestruturas e as aldeas están totalmente esquecidas e incluso a vila tamén está esquecida. Hai que empezar a traballar nos servizos básicos. Vamos a facer uns bos cimentos que nos permitan seguir construíndo. Temos que por en valor o noso, traballar polas nosas aldeas, pola propia vila e polo concello.
Cales son os eixos principais para gobernar os próximos catro anos e mellorar Maceda?
É moi importante intentar frear a perda de veciños. Isto non se pode conseguir se non é logrando uns servizos básicos de calidade. Queremos centrarnos na auga que chega ás casas, na limpeza, nos desbroces ou na loita contra os incendios. Debemos empezar a facer actividades culturais e deportivas. Temos un club ciclista recoñecido a nivel nacional. Temos que darlle un apoio a esa xente, a xente que está en fútbol, en baloncesto ou en ximnasia rítmica. Son moitas as disciplinas que existen e é necesario o apoio para seguir medrando.
Que Maceda lle gustaría ter dentro de catro anos?
Unha Maceda na que todo o mundo poida estar orgulloso da súa terra, que se encontre a gusto e que non teña que deixala atrás. É moi triste observar aldeas que están en risco de quedarse sen veciños e iso é algo que eu quero intentar frear. Estou segura de que o equipo do que formo parte será capaz de acadalo.
Serás a alcaldesa máis nova de Galicia, o ve como un reto?
A alcaldía sempre é un reto, independentemente da idade que teñas. Pero si, é un reto maior porque a xente nova sempre temos que andar demostrando que somos capaces de facer as cousas, pero realmente eu supoño que será bastante semellante a ser alcalde con máis idade.
Que lle diría a xente moza que ten inquedanzas políticas e pensa en adicarse a elo?
Animo a xente a que lle gusta de verdade a política a que se meta, que se implique e que traballe duro polas súas raíces e pola súa terra. No rural tamén hai futuro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENCONTRO DE CACHARREIROS
Niñodaguia enciende hornos para reivindicar su historia
INTEGRACIÓN SOCIAL
El rural ourensano, motor de integración social de jóvenes
Lo último