TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
ACTUACIÓN MUSICAL
A sede da Fundación Vicente Risco en Allariz acolleu o “Segundo Concerto de Neoartistiñas. X Ciclo de Música de Cámara 2024”.
O segundo concerto de Neoartistiñas estivo a cargo de Xurxo Morales (Lugo/Donostia) que co seu saxofón interpretou obras de J. S. Bach, Henriyk Wieniawski, Rebecca Clarke, André Caplet, Brais González, Jacques Ibert, Robert Schumann e Paul Creston, acompañado ao piano por Brais Lorenzo, que tamén é o coordinador do ciclo.
O lucense Xurxo Morales comezou a tomar clases de saxofón co seu pai aos cinco anos na Escola de Música de Rábade. Tras obter Matrícula de Honra en Grao Profesional e o primeiro premio no concurso de solistas do Conservatorio Profesional de Música de Lugo, foi seleccionado para a semifinal do 28th World Music Competition en España.
Xurxo Morales representou en Alicante aos conservatorios profesionais de Galicia no Concurso Estatal Intercentros Melómanos durante dúas edicións consecutivas como gañador do Concurso Intercentros Melómano en Galicia, e foi o único español premiado no concurso internacional Andorra Sax Fest’21.
Como solista con orquestra, Xurxo Morales actuou coa Real Filharmonía de Galicia na XI edición do Concurso Internacional Peregrinos Musicais, baixo a batuta do mestre Maximino Zumalave. Na actualidade, Xurxo Morales estuda en Musikene (San Sebastián) co mestre Miguel Ángel Lorente.
O terceiro concerto será o día 26 de outubro coa violinista Raquel Areal e a última actuación terá lugar o día 21 de decembro co violonchelista Artei Theotonio.
A capacidade da sala do piano é de trinta e cinco persoas e a inscrición será por rigorosa orde de solicitude, segundo fai saber a organización e pagamento na conta da Fundación Vicente Risco. Os catro concertos costan 40 euros e cada concerto por separado son 12 euros cada un. No ano 2015 a Fundación Vicente Risco comezou unha nova actividade coordinada pola profesora de piano Cristina Vázquez Canal, os “Petiscos Musicais”, un ciclo anual de catro concertos que tivo unha grande acollida entre os amantes da música de cámara
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un minibús escolar tras salirse de la vía en Allariz
Lo último