RENOVACIÓN DAS INFRAESTRUCTURAS
Reparada a cuberta do pabillón do IES de Allariz
"CAMIÑABILIDADE"
A Rede “Cidades que Camiñan” é unha asociación internacional sen ánimo de lucro, aberta ás entidades locais e outras administracións públicas que procura despregar políticas de mobilidade urbana pondo como elemento protagonista os viandantes. O Concello de Allariz vén de sumarse a esta rede, na procura de converter ó territorio do concello nun espazo que favoreza a accesibilidade e a seguridade dos vieiros municipais, para facilitar a “camiñabilidade” en Allariz.
O “metrominuto” é un dos proxectos centrais que o Concello levará a cabo grazas á participación nesta rede. Trátase dun mapa deseñado con elementos visuais dos planos de metro, pero adaptado á realidade do concello alaricano, incluíndo lugares de referencia do casco urbano e a distancia e o tempo aproximado que se tarda en chegar camiñando.
Esta adhesión á Rede de “Cidades que Camiñan” supón outros beneficios ó Concello, derivados dos servizos que ofrece a propia entidade, coma o asesoramento técnico e as actividades formativas e de difusión de boas prácticas en mobilidade urbana.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RENOVACIÓN DAS INFRAESTRUCTURAS
Reparada a cuberta do pabillón do IES de Allariz
ENFILA A LOS AGENTES
A 200 km/h, a oscuras y sin carnet: se fuga en un coche robado en Allariz
Lo último
CUATRO MUNICIPIOS EN RIESGO
Alerta por riesgo de nube tóxica tras el incendio en una planta de residuos en Zamora