COIDADO DAS PANTALLAS
Allariz únese para retrasar o uso do móbil entre os cativos
Puntos de interés
O concello de Allariz ven de instalar dous módulos de información de puntos de interese (MUPIs) publicitarios dixitais, situados en puntos claves da vila para mellorar a comunicación e facilitar o acceso á información da veciñanza e dos visitantes.
Os MUPIs instaláronse na zona alta e baixa da vila, para ofrecer unha información máis áxil e actualizada, o que supón unha mellora na comunicación pública, ó ofrecer contidos interactivos e multimedia, como videos e mapas. A información será actualizada en tempo real sen a necesidade de intervención física, asegurando que os datos proporcionados sexan sempre os máis recentes e relevantes.
Estes paneis reducen a xeración de residuos asociados á impresión de materias, facendo a vila máis sostible e respectuosa co medioambiente. Cristina Cid, alcaldesa da vila, acompañada por parte do goberno local e do persoal da oficina de información, visitou os módules de información para comprobar o seu funcionamento.
Con estas iniciativas, Allariz pretende avanzar no seu proxecto cara un futuro máis tecnolóxico e accesible, ó mellorar a calidade de vida da súa cidadanía e dando unha mellor experiencia ós visitantes.
A actuación está financiada con fondos da Unión Europea a través do programa Next Generation EU, no marco do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia. Este proxecto representa un importante paso cara á modernización da infraestrutura urbana e á mellora da calidade dos servizos ofrecidos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
COIDADO DAS PANTALLAS
Allariz únese para retrasar o uso do móbil entre os cativos
ESPAZO DE ENCONTRO
Os retos da literatura, a debate en Allariz
Lo último
Gonzalo Iglesias Sueiro
En busca del perdón
1,53 billones de euros
SpaceX empieza a cotizar tras una salida a bolsa histórica
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este sábado, 13 de junio
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Na procura de Fernández Mazas