PRODUTOS APÍCOLAS
Allariz adozou o padal coa mel dos montes de Galicia
30 de abril
Allariz celebrará o vindeiro 30 de abril a tradicional festa dos Maios, e o departamento de Cultura do concello preparou un programa para a cita, no que se inclúen os concursos de Maios e Coplas, abertos á participación dos veciños, ademais da actuación do Grupo de Gaitas De Pé Feito.
A xornada comezará ás 11,30 horas ca chegada dos Maios á Alameda, lugar onde terá lugar o evento, e alí permanecerán expostos toda a fin de semana. Os veciños que queiran concursar poderano facer de xeito individual ou en grupos, o prazo de inscrición remata o 28 de abril. Deberán de estar construídos seguindo a tradición de empregar materiais naturais.
Dende a chegada dos Maios ata ás 13,30 horas terá lugar o canto das coplas, onde actuarán os grupos participantes deste concurso seguindo a orde de chegada. Poderán participar os cativos de entre 3 e 11 anos na súa propia categoría, e haberá outra para os de 12 en adiante. Os grupos deberán ser de mínimo 8 persoas e a inscrición tamén remata o 28 de abril. As composicións deberán ter un mínimo de 12 estrofas, con catro versos cada unha e rimas entre o segundo e o cuarto verso.
O veredicto do xurado, formado por tres persoas designadas pola Concellería de Cultura, farase público o 5 de maio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRODUTOS APÍCOLAS
Allariz adozou o padal coa mel dos montes de Galicia
INSCRIPCIÓNS ATA O DÍA 24
Allariz inicia o curso das súas escolas culturais
Lo último
INMUNIZACIÓN DE LOS NIÑOS
Vacunación de gripe y covid en Ourense 2026: cuándo empieza, quién puede vacunarse y dónde
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Ourense encara un fin de semana de calor con hasta 35 grados de máxima