RENOVACIÓN DAS INFRAESTRUCTURAS
Reparada a cuberta do pabillón do IES de Allariz
"Allariz debuxado"
“Allariz Debuxado” celebrará a súa sexta edición os vindeiros 11 e 12 de abril na vila alaricana. María López, concelleira de Promoción Económica, acompañou a David Calviño, membro da organización, durante a presentación desta nova edición, que terá un programa repleto de actividades e a participación de profesionais do sector: o autor leonés Javi de Castro; a autora balear Anabel Colazo; a editora de Ediciones La Cúpula, Natalia Mosquera; o tatuador e ilustrador ourensán Anxo Varela, “Pruden Tatto” e a ilustradora coruñesa Lucía “Michopocho” Gómez.
O festival dará comezo na mañá do venres 11 de abril cunha sesión de coloquios dirixidos tanto a profesionais coma afeccionados, e terá lugar na Sala de Exposicións “A Fábrica”. Nestas charlas trataranse diversos aspectos do traballo e da industria da ilustración a través de mesas redondas que contarán coa participación dos invitados. Comezarán ás 11,15 horas da man de Anxo Varela e rematarán pasadas ás 19,00 horas. Ás 17,00 horas farase a presentación do “I Premio ao Libro Informativo Ilustrado”.
Durante a xornada do sábado, o protagonista será o Mercadiño de Ilustración e Autoedición, que se fará na Praza do Matadoiro. Os asistentes terán outras actividades coma os Roteiros de Urban Sketching e o obradoiro infantil de creación de personaxes a cargo da ilustradora Lucía Cid.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RENOVACIÓN DAS INFRAESTRUCTURAS
Reparada a cuberta do pabillón do IES de Allariz
ENFILA A LOS AGENTES
A 200 km/h, a oscuras y sin carnet: se fuga en un coche robado en Allariz
Lo último
SE ENCARECIÓ 77 PUNTOS
El Banco de España confirma el cierre del euríbor en el mes de julio en el 2,855%
TURISMO EXTRANJERO AL ALZA
Gráfico | España atrajo hasta junio a casi 46,6 millones de turistas