Allariz despide a Xan de Arzúa e vive a Festa do Boi ata o último minuto
TRADICIÓN E EMOCIÓN
A vila de Allariz espreme o domingo final da Festa do Boi coas derradeiras carreiras do ano e os pasarrúas coas charangas
A vila alaricana puxo fin a unha longa e vibrante semana, chea de emoción e sentimento, co segundo e último domingo do Boi, a súa festa máis senlleira. Atrás quedan nove días de carreiras, troula, charangas e verbenas. Este luns as rúas espertan baleiras, despois de acoller a milleiros de persoas nestas xornadas.
Os tradicionais panos verdes que luciron veciños e visitantes descansan agora no armario ata o ano que vén, pero Allariz comeza xa a descontar os días que quedan ata que volvan saír os bois.
O domingo final adoita sempre ser un día especial. Ao mediodía, coa saída dos primeiros pasarrúas, protagonizads polas incombustibles charangas Sugarri e Zes Pereiras, a xente comezou a facer acto de presenza nesas últimas horas antes do regreso á rutina. Tralo xantar, a animación, o bo rollo e o ambiente festivo foron pouco a pouco enchendo novamente a vila.
Unha nova sesión de pasarrúas foi o preludio da última saída desta edición. A xente colleu os seus recunchos favoritos para non perder a acción, e quen máis e quen menos foi tomando posicións de cara ao que estaba por vir.
Derradeiras carreiras
As bombas anunciaron a saída dos tres bois, que foron aparecendo un tras outro para percorrer as rúas por derradeira vez. Nesta maratón, de novo foron os máis valentes os que se atreveron a tirar de adrenalina para dar o mellor de si mesmos nas últimas carreiras fronte os animais.
Acompañados por unha marea humana, as paradas que os bois sfixeron en distintos puntos da vila vivíronse co espírito colectivo de que cada vez quedaba menos, e froito diso a participación foi moi grande.
Cos protagonistas da festa, os bois, camiño de volver pacer nas fincas da vila, aínda quedaba un momento moi especial. A despedida do Xan de Arzúa e o seu traslado dende o Concello de volta ata a Casa do Boi, na compaña da Murga Achicoria. Un acto co que culminou a festa máis brillante de Allariz, na que comparte a súa tradición, historia e patrimonio.
Cristina Cid, alcaldesa, fai unha valoración “magnífica” da edición, destaca a “excelente” organización da asociación Xan de Arzúa, e de tódolos voluntarios. O programa “supero as expectativas”, as carreiras saíron “perfectas”, igual que o “comportamento” dos participantes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
OFICIOS TRADICIONAIS
A Alameda de Allariz, ateigada de tecedoras
CULTURA E NATUREZA
O patrimonio de Allariz, a descubrir en sete actividades
TERROR SOCIAL
Sae á luz “Home”, a novela inédita do autor Antón Risco
Lo último
IRREGULARIDADES CON FONDOS DE LA UE
Nueva investigación en el caso Begoña Gómez: el juez Peinado amplía la causa con dos posibles delitos