FESTA DO BOI
Allariz rugió: “Aí vén o Boi!”
DÍA DAS ARTES GALEGAS
As empedradas e senlleiras rúas de Allariz vestíronse coas fotografías do seu fillo, José Suárez (1902-1974), para homenaxealo polo Día das Artes Galegas 2026, celebrado onte, 1 de abril, a data na que o Mestre Mateo asinou, como así o reflexan aínda, os dinteis do Pórtico da Gloria en 1188.
A Real Academia Galega de Belas Artes decidiu achegar o acto conmemorativo á vila natal de Suárez, quen ademais de ser o primeiro fotógrafo recoñecido nesta efeméride, é o primeiro ourensán en entrar nesta pretixiosa lista, na que se pón a altura de persoaxes coma o Mestre Mateo, Castelao, Maruxa Mallo, Martín Códax ou Francisco Asorey.
Pasadas as 19,00 horas, a Casa da Cultura alaricana abriu as súas portas para dar comezo ao acto. O salón de actos estivo ateigado por unha morea de artistas, intelectuais, académicos e figuras recoñecidas da escea cultural galega, que xunto aos representantes das administracións públicas e aos veciños de Allariz, desfrutaron das interpretacións musicais que atenderon ás inquedanzas e desexos de Suárez: música clásica, nipona e arxentina puxeron a banda sonora ao acto.
Manuel Quintana Martelo, o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, foi o encargado da apertura do acto: “Allariz é unha auténtica antoloxía cultural de Galicia”, afirmou. “O difícil é retratar o espírito do pobo e mesmo aquelo que esconden as cousas. Non só as persoas e os lugares (...), senón captar os sentementos, as mágoas, as alegrías, a ansia ou a viaxe. Este é o mérito de José Suárez, entrar na alma do pobo”.
Xurxo Lobato, académico da RAGBL, foi o encargado dunha laudatio que percorreu a vida de Pepe, como se referiu a Suárez en varias ocasións. Dende a primeira cámara fotográfica que tivo, agasallada polo seu pai, pasando polas primeiras imaxes publicadas ata a mostra “Mariñeiros” de 1936, unha das máis recoñecidas e identitarias da súa traxectoria. O exilio en Arxentina e Uruguay, o seu paso polo país do sol nacente, Xapón, e incluso as amizades que mantivo ao longo da súa vida: Unamuno, Blanco Amor ou Alberti, e incluso Akira Kurosawa.
A alcaldesa, Cristina Cid, afirmou que “hai días nos que unha vila sinte que a súa historia fala máis alto ca nunca”, adiantando que Allariz abrirá o primeiro museo dedicado ao fotógrafo, grazas ao apoio da familia. O Conselleiro de Cultura, José López Campos, calificouno coma “un dos máis grandes do século XX”, asegurando que é “de xustiza” que sexa o primeiro fotógrafo en recibir este recoñecemento: “Situámolo no lugar que merecía pola súa ollada única”.
Pregunta. É a primeira vez que se lle dedica a un ourensán
Respuesta. É o primeiro sí, algo anecdótico. Na Academia non buscamos por provincias, pobos ou capitais, senón que a fotografía está dentro das seccións da Academia e tocoulle este ano a José Suárez como unha figura relevante da historia da fotografía e as artes galegas. Coincide que é ourensán e é o primeiro ao que lle toca ser homenaxeado.
R. Decidímonos por el porque entendemos que é a figura, quizais, máis destacada internacionalmente da fotografía en Galicia. Foi un home que viviu prácticamente tres cuartas partes do século XX, que estivo no exilio, que coñeceu a intelectuais internacionais, e que a súa obra ten unha pegada importante no que son os patróns da fotografía galega, mirada polos fotógrafos máis contemporáneos. É unha figura a que lle sobran motivos para ser homenaxeada como tal. Foi unha persoa que fixo ir a súa disciplina máis aló do puro exercicio fotográfico, incorporándoo a consideración de Arte -con maiúscula-.
P. Como están de saúde as belas artes na provincia de Ourense?
R. Sempre chegan noticias non moi agradables neste aspecto dende Ourense, atendendo especial á capital. Nós temos a tres académicos ourensáns e nos fan chegar as inquedanzas e as preocupacións que se producen, primeiro na cidade de Ourense, polas políticas que se están á levar a cabo. É unha mágoa, nós entendemos que a cultura é o punto de partida da significación dos pobos. Afastar a cultura da xente é un empobrecemento.
R. Xa temos posto en coñecemento do Concello de Ourense a nosa preocupación polo que está a acontecer na cidade, e é a nosa obriga como institución protexer as iniciativas culturais.
P.
P. Que labor realiza a Real Academia Galega de Belas Artes?
R. A pretensión da Academia é que as figuras históricas non queden no esquecemento, recoñecendo a súa traxectoria e aprendendo das súas ensinanzas.
R. Ademais, somos o órgano consultivo para todo o relativo ás artes da Xunta de Galicia, tamén estamos ao servizo dos poderes políticos e sociais en canto as inquedanzas e preocupacións que se producen. Adoitamos facer informes sobre os atentados ao noso patrimonio cultural e urbanístico ou arquitectónico, así como outras situacións nas que requiran de protección ao longo do territorio galego.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTA DO BOI
Allariz rugió: “Aí vén o Boi!”
40 MINUTOS DE MANIOBRAS
Muere un hombre tras ser rescatado inconsciente del río Arnoia en la zona de Acearrica, Allariz
CULEBRA DE ESCALERA
Las serpientes se cuelan en las casas de Allariz: "Este mes van tres ou catro"
Nuevas herramientas
Los emprendedores apuestan por la inteligencia artificial en Baños de Molgas
Lo último