Galería | Allariz rende homenaxe a José Suárez no Día das Artes Galegas 2026
"DÍA DAS ARTES GALEGAS"
A vila de Allariz converteuse este 1 de abril nun espazo de lembranza e recoñecemento á figura do fotógrafo José Suárez, protagonista do Día das Artes Galegas 2026. A celebración reuniu a representantes culturais, institucionais e veciñanza nun acto marcado pola emoción e a reivindicación do seu legado
As rúas empedradas de Allariz acolleron unha exposición ao aire libre coas imaxes máis representativas de José Suárez, coincidindo coa conmemoración do Día das Artes Galegas, promovido pola Real Academia Galega de Belas Artes. O acto central, celebrado na Casa da Cultura, contou cun auditorio cheo e cun programa que combinou intervencións institucionais e actuacións musicais inspiradas nas inquedanzas do fotógrafo. Durante o evento destacouse a traxectoria internacional de Suárez e o seu papel como figura clave da fotografía do século XX, así como o anuncio da creación dun museo dedicado á súa obra na súa vila natal.
Contenido patrocinado