PROPUESTAS INTERNACIONALES
Allariz selecciona los mejores jardines para su edición más libre
EPICENTRO OURENSÁN
Allariz posiciónase como o epicentro ourensán para a causa saharaui, establecéndose no municipio unha comunidade de familias de acollida verán tras verán e un punto de encontro para amigos e incluso irmáns saharauis.
Nesta ocasión foron catro familias as que recibiron a un total de seis rapaces. Anos atrás o número de unidades familiares chegou ata seis, chegando a concentrarse en Allariz ata sete nenos e nenas.
David, xunto coa súa muller María, son dous dos pioneiros da iniciativa en Allariz. “No 2019, a Asociación Galega de Solidariedade co Pobo Saharaui fixo un chamamento porque houbo nenos que chegaron aquí e familias que se botaron para atrás, entón eses rapaces non viaxan, polo que ante ese SOS nos acollemos”, comentou Cabilhas, que antes desa data xa estaba implicado coa causa, pero que nunca recibira a rapaces ata o momento. Nese instante inicial iba a recibir unha nena, pero finalmente foi un rapaz.
O primeiro neno saharaui que recibiron, fai seis anos, como un “SOS” finalmente acabou por converterse nun fixo na familia tres anos máis tarde. No 2022, con catorce anos regresou, pero neste ocasión non para pasar un verán, senón que para quedar e realizar os seus estudios. Aplicouse na ESO nos primeiros cursos escolares e agora, con 17 anos, atópase estudando un ciclo en Verín, coa idea de empezar a trabllar o ano que ven e empezar a gañar uns cuartos para axudar á súa familia biolóxica. Trátase dun dos únicos trés xoves saharauis establecidos na provincia de Ourense.
Tras a estancia definitiva do rapaz chegou sua propia irmá á familia de Cabilhas. No seu caso, como nena de acollida, xa que ten só nove anos. Ela chegou hai preto de dúas semanas a pasar o seu segundo verán seguido a Allariz, mentres que o seu irmán maior regresou o pasado xoves á súa terra natal para pasar as vacacións.
No caso do pasado verán ambos os irmáns nin se chegaron a ver, xa que os seus voos se cruzaron, pero finalmente nesta ocasión tiveron a oportunidade de volver a pasar unha semana xuntos.
Ademais de á irmá do seu fillo adoptivo, David recibiu este verán no seu fogar a Samira, unha nena, que pasará a época estival por cuarto ano consecutivo á beira do Antela. O ano pasado, incluso recibiu a un rapaz máis, sumando un total de tres menores saharauis.
No seu caso, residen nun pequeno núcleo poboacional preto da localidade de Allariz. “Aquí andan pola aldea de marabilla, xúntanse con outros nenos e nenas cando lles apetece, cando non van a súa bola, xa son casi do pueblo”, expresou David, que recomenda a todo o mundo abrir as portas da acollida: “É unha experiencia marabillosa á que animo a máis xente, cansa moito pero dannos máis do que lles damos nós a eles”.
En Allariz, os rapaces xúntanse e fan migas cos demais nenos saharauis que están no municipio. María e o seu marido conforman outra das familias de acollida do municipio, levan tres anos acollendo a un neno, e mantén un gran realación coas demais: “Somos varias familias que estamos dentro do programa e tamén é certo que nos apoiamos uns aos outros”.
O propio concello elabora actividades, para fortalecer esta comunidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PROPUESTAS INTERNACIONALES
Allariz selecciona los mejores jardines para su edición más libre
MÁS DE UN MILLÓN
La Xunta se implica con el patrimonio de Allariz
LISTA COMPLETA POR DÍAS
Programa de Navidad 2025/26 en Allariz: actividades, conciertos y desfiles en diciembre y enero
Lo último
GRAVEDAD DE LAS LESIONES
Muere la mujer apuñalada en A Coruña por su compañero de piso, que también provocó un incendio