Gastronomía e cultura
Allariz programa máis de trinta citas para este verán
Do 14 ó 22 de xuño
A vila alaricana celebrará do 14 ó 22 de xuño a senlleira Festa do Boi, e onte pola mañá os representantes da Asociación Cultural Xan de Arzúa, xunto ca alcaldesa Cristina Cid e o artista responsable do cartel, Jaime González, presentaron a programación para estes nove días de festa pensados para a participación veciñal.
O día 14 de xuño será a primeira saída do boi, que se repetirá outras doce veces ó longo de nove días consecutivos. Nestas xornadas mestúrase tradición e ocio, e dende a organización destacan a procesión medieval do Xan de Arzúa, que se celebra o domingo 15 ás 12,00 horas, na que “cada ano vemos maior participación”, enganden, e se o ano pasado participaron preto de 700 persoas,“este ano contamos superalo”. Foliadas, charangas, batucadas e verbenas porán son ás rúas de Allariz dende a mañá ata entrada a madrugada. Este ano, o concurso de trobadores estará adicado a Xosé Manuel Piñeiro, Superpiñeiro, convertendo esta actividade nun Supermedievo.
Jaime González deseñou un cartel con “total liberdade creativa”, segundo indica, aínda que este ano quíxoselle facer unha homenaxe a tódalas persoas que viven a festa dende os balcóns das súas casas, encarnado en dona Carmen, unha veciña ben coñecida por todos pola súa participación e devoción por esta festa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Gastronomía e cultura
Allariz programa máis de trinta citas para este verán
Itinerario internacional
A Unión Musical de Allariz xira por Italia
OFICIOS TRADICIONAIS
A Alameda de Allariz, ateigada de tecedoras
Lo último
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
El deplorable escenario que tenemos delante
VENDIMIA 2026 O RIBEIRO
Optimismo en la provincia de Ourense ante la vendimia de 2026, que apunta a elevada