MÁIS DE 128.000 EUROS
Os viais de Fuxón e O Arnado en Allariz estrearán firme
Artesanía
O Concello de Allariz converterase dende o 26 ata o 28 de setembro no “corazón do mundo do coiro” durante a celebración das Xornadas dos Oficios do Coiro 2025, unha cita que aposta polas tradicións e coñecementos artesanais ligados á curtición.
Este traballo definiu durante séculos a identidade alaricana ata o século XX, configurando a paisaxe urbana do río Arnoia ó seu paso pola vila.
Durante estas tres xornadas, espazos como A Fábrica, A Paneira e o Museo do Coiro serán o escenario dun programa de actividades que inclúe obradoiros prácticos ligados ó coiro, como a restauración do coiro, que será o sábado 28 na Fábrica ás 10,30 horas ou a creación artística con po de coiro, da man de Lúa Fernández, o mesmo día no mesmo sitio.
Tamén haberá charlas especializadas con expertos como os profesionais chegados de Guimarães ou o Museu Municipal de Alcanena, que ofrecerá un relatorio na Paneira o sábado 27, ás 12,30 horas, da man de Gabriel de Oliveira.
Ademais, o programa ofrecerá exposicións artísticas, roteiros pola memoria dos curtidores alaricanos e un mercado de ferramentas e produtos para o sector, que se celebrará ó longo da fin de semana na Fábrica.
Estas xornadas son un punto de encontro entre profesionais, artesáns e público xeral para propiciar o intercambio de experiencias e a posta en valor do patrimonio inmaterial. Coas Xornadas dos Oficios do Coiro 2025, Allariz reafírmase na recuperación e dinamización do patrimonio artesanal, ofrecendo un espazo para coñecer, vivir e sentir a tradición curtideira.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÁIS DE 128.000 EUROS
Os viais de Fuxón e O Arnado en Allariz estrearán firme
FIN DE LA PROMOCIÓN
“Merca no teu comercio” cerró campaña en Allariz
Lo último
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Tragedia en Zamora: mueren dos adultos y dos menores en una salida de vía en Malva
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy domingo, 1 de noviembre
DESAPARECIDOS EN OURENSE
Localizan a una persona desaparecida en Barbadás caminando en la carretera N-525