PRIMERA EDICIÓN
Contempo llega a Allariz para unir arte y música en el rural
COIDADO DAS PANTALLAS
A comunidade educativa alaricana aposta por unha infancia afastada dos móbiles. A asociación de nais e pais do CEIP Padre Feijoo, xunto á asociación de familias de alumnos Vilanova do Instituto de Allariz, e o Concello de Allariz veñen de pór en marcha a iniciativa “Espazo amigo da infancia”, que nace co obxectivo de ofrecer á infancia un punto de apoio “próximo e seguro” en caso de necesidade, unha medida que consideran “clave nun contexto social no que cada vez máis familias apostan por atrasar o uso do teléfono móbil entre os seus fillos”.
A rede de establecementos comerciais e hostaleiros participantes comprométense a facilitar unha chamada telefónica ás familias de maneira puntual cando un menor o precise, dende imprevistos nos desprazamentos diarios, saídas do colexio ou actividades extraescolares. Dende a organización fan fincapé en que “os locais participantes non asumirán ningunha responsabilidade legal sobre os menores, máis alá de ofrecerlles esa canle de comunicación segura”.
Para que os cativos poidan recoñecer os establecementos implicados, estes contarán cun distintivo na súa entrada para identificalos como “espazos de confianza”. “Trátase dunha medida sinxela pero de grande valor social, que contribúe a crear entornos máis seguros ao tempo que promove uma comunidade máis coidadora, próxima e comprometida coas familias”, afirman as entidades implicadas no proxecto.
Os establecementos adheridos ao programa son Bazar Adolfo, Fio de Liño, English Allariz, Mercería Anduriña, O Tocador de Anabel, Maruxairas, Quercus Parafarmacia, Farmacia Páez, a Óptica Alaricana, Clínica Veterinaria da Costa, O Xardín, A Tulla, A Mariñeta, Portovello, As Curuxas, Pocholiños Park, Aira das Letras, Anxiños, Reatur, Bencomún, Arume by Trapiños e Portelo Rural.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRIMERA EDICIÓN
Contempo llega a Allariz para unir arte y música en el rural
FIESTAS PATRONALES
Multitudinaria devoción para despedir el San Bieito en Allariz
PRODUCTO DE CALIDAD
Del monte al plato: Allariz marida prevención de incendios y tradición
TRADICIÓN EN IMAXES
Elena Rodicio, fotógrafa de Allariz: “Dábame medo como se ía entender fóra”
Lo último
David Alvarado
A tribo de Rajoy
DEVOLUCIONES EN CALIENTE
El PP propone la devolución exprés de migrantes en Ceuta y Melilla