HABLAN LAS VÍCTIMAS
El otro precio de los robos de casas en Allariz: “Pisotean tu intimidad”
BENESTAR E SAÚDE
O Hotel Oca Vila de Allariz alcanzou oficialmente o status de balneario, case dous anos despois de que as súas augas fosen declaradas mineromedicinais en maio de 2023. A confirmación da aprobación chegou o venres dende a Xunta de Galicia tras ser aprobado polos distintos organismos que constatan que o hotel alaricano é o oitavo balneario da provincia de Ourense.
Maike Pazos, director do balneario, comentou que “a oportunidade que nos brinda este novo status non só nos afecta a nós, senón tamén a entidades locais e provinciais ao reforzar a imaxe de provincia termal que nos caracteriza” e fai fincapé en que é un valor engadido á toda a oferta turística que rodea tanto a vila de Allariz como a provincia.
Maike tamén aclarou que o turismo que atrae as instalacións que dirixe é un público que lle da prioridade ao benestar que ao ocio. Malia que non falta a oferta do segundo, o turismo de saúde e coidados é o que se busca potenciar con esta nova denominación, e neste senso o director do balneario comenta que colaborarán coa Deputación en todo o posible “tanto na programación de estancias coma na creación de programas enfocados á saúde e o turismo de benestar”, aumentando o amplo abanico de opcións cos que xa contan.
O presidente da Deputación, Luis Menor, expresou a súa satisfacción por unha noticia que supón engadir “un elemento máis nun gran sector estratéxico do noso territorio como é o termalismo”. Unha boa noticia, dixo, que contribuirá incrementar a oferta terapéutica e de benestar na provincia e a dinamizar un concello “cun gran potencial turístico”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
HABLAN LAS VÍCTIMAS
El otro precio de los robos de casas en Allariz: “Pisotean tu intimidad”
LAS BANDAS DEL ESTE, EN ACCIÓN
Una banda asalta tres casas en solo dos horas en un pueblo de Allariz
MÁIS DE 128.000 EUROS
Os viais de Fuxón e O Arnado en Allariz estrearán firme
Lo último
INTERNACIONALIZACIÓN CÁNTABRA
SODERCAN explica el nuevo sistema de ayudas a la internacionalización en una jornada online